Presentación do Caderno de Estudos Xerais adicado a Xela Arias
Comezou o acto coa presentación do Caderno de Xerais titulado “Xela Arias: liberdade, subversión, innovación” a cargo do presidente da AC Irmáns Suárez Picallo Francisco Pita, e o Coordenador e responsábel da edición do Caderno Henrique Rabuñal. O Caderno está editado en papel e tamén o podes descargar desde a pestaña de Cadernos de Estudos Xerais accesibel desde este espazo web.
Presentación do nº 23 da revista AREAL.
De seguido, Mercedes Leobalde e Carlos Babío, como membros do Consello Redactor da revista, deron conta dos contidos incluidos no novo número da revista Cultural de Sada Areal editada pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, e que iremos publicando nos vindeiros días neste espazo web.
A revista impresa estará en breve a disposición, tanto na Oficina de Turismo do Concello como nos establecementos colaboradores da revista.
A historia de Sada a traves dos medios
Un gusto contar con colaboradoras así.
Lectura de textos e entrega de premios do Certame de Poesía “(Re)inventando Xela Arias”
Por último, as gañadoras do Certame de Poesía adicado a Xela Arias e organizado polo Concello de Sada, deron lectura aos seus respectivos textos gañadores.
A partir dun verso da autora homenaxeada as persoas participantes debían compor un poema. Na categoría de 18 ou mais anos a gañadora foi Brenda González Fernández co poema titualdo “A crise das marabillas”. Na categoría de 14 a 17 anos a gañadora foi Lúa Figueroa Lago.
Os textos gañadores foron publicados neste novo número da revista Areal e en breve serán publicados neste espazo web.
Tras a lectura de poemas por parte das gañadoras, a concelleira de Normalización Lingüística e Medio Ambiente do Concello de Sada fixo entrega dos premios do certame ás gañadoras.