Este vindeiro venres organizamos desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo un acto público cheo de contidos culturais. Así, presentaremos o Caderno de Estudos Xerais adicado a Xela Arias e que coordinou Henrique Rabuñal, e o nº 23 da Revista Cultural de Sada Areal. Entre os contidos da revista está a publicación dos poemas gañadores do Certame Literario (Re)inventando Xela Arias, organizado polo Concello de Sada, que a súa vez fará entrega dos premios.
Todo elo e moito mais este vindeiro venres dia 19 de novembro ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Sada (antigo edificio da Axudantía de Mariña na Avenida do Porto de Sada). Entrada libre ata completar aforo.