Onte foi dia de presentación do libro de Adela Figueroa Panisse “As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida”, nun acto coorganizado polas Asociacións Culturais AC Irmáns Suárez Picallo de Sada e a AC Roxín Roxal de Paderne. O acto celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Sada e nél tivemos ocasión de falar de Memoria Histórica, esto é, das vítimas do franquismo e a inxustamente esquecida guerrilla galega antifascista. A loita das mulleres e a sua supervivencia no franquismo, foi entre outras cuestións as que se abordaron neste interesante acto dun libro que recomendamos desde a nosa asociación.