Na Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo mantemos unha estreita relación co escritor chileno de orixe galega Edmundo Moure, desde que no ano 2008 visitara Sada con motivo da traída dos restos de Ramón Suárez Picallo.
Edmundo cedeu á ACISP centenares de artigos que Picallo escribíra na súa estadía en Chile. Ademáis, Edmundo impartíu clases de Galego na Universidade de Santiago de Chile ata a súa xubilación.Por todos eses motivos temos un especial agradecemento e convidámolo a visitar novamente Sada a partir do día 29. Virá tamén a poeta Marisol Moreno del Canto, a súa parella, e este será o calendario de actos:
Día 28 de setembro: Recibimento e recollida no aeroporto de Alvedro a partires das 17’20h. Instalación no Hotel Alda de Sada.
Día 29 de setembro: 11´30 h. Charla no Instituto Díaz Pardo sobre Ramón Suárez Picallo.
19 horas: Recibimento oficial do concello no Salón de Plenos.
20 horas Presentación do libro de Edmundo Memorias transeúntes no salón de plenos do Concello coa participación de Xulio López Valcarcel.
21’30 horas cea compartida.
Día 30 de setembro: Pola mañá, charla no IES de Mosteirón sobre Ramón Suárez Picallo
Ás 18 horas, nas propias instalacións do hotel presentación da obra de Marisol Moreno e lectura de poemas seus.
Os días 1 e 2 visitarán Vigo e voltarán a Chile