José Cornide foi un dos principais intelectuais da Ilustración na Galicia do XVIII. En Sada -no seu pazo de Mondego- transcorreu boa parte da súa vida e desenvolveu as súas inquedanzas científicas.
A estudar este estreito vínculo con Sada e con Mondego está dedicado o nº 35 dos nosos Cadernos de Estudos Locais.
O seu autor, Pedro López Gómez, unha das voces máis autorizadas para falar de Cornide, estará con nós o vindeiro día 24 presentando este traballo.
Agardámosvos!