NO CENTENARIO DA FEDERACIÓN DE SOCIEDADES GALEGAS DA REPÚBLICA ARXENTINA

 

Xunta directiva da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1926. 

De pé aparecen Eduardo Blanco-Amor e Ramón Suárez Picallo


O 24 de setembro realizouse un congreso constituínte no que se integraron doce das numerosas sociedades parroquiais e comarcais que existían en Arxentina. O 30 de outubro aprobaron a súa primeira Carta orgánica cunha declaración de principios, baseados en textos do Partido Socialista Argentino. En 1927 estaban federadas 40 sociedades, con 5000 socios.En setembro de 1921, hai agora cen anos, fundouse en Bos Aires a Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, por iniciativa de varios dirixentes da colectividade galega (Antón Alonso Ríos, Manuel San Luis, Enrique Rodal e Joaquín Folgar Lema), nunha reunión para loitar contra o caciquismo. Xa dende as primeiras xuntanzas para a súa constitución prevaleceu o ideario socialista e agrarista dos seus promotores e o compromiso a prol dos sectores sociais galegos máis desfavorecidos.



Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *