DISPOÑIBLE O CADERNO DE ESTUDOS LOCAIS Nº 35 ADICADO A JOSÉ CORNIDE E A VILA DE SADA

 

O pasado venres día 24 presentamos o Caderno de Estudos Locais adicado a José Cornide. Fixemolo xunto ao seu autor Pedro López Gómez – unha das voces mais autorizadas para falar de Cornide – no auditorio da Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada.

Desde hoxe poñémolo a disposición en formato dixital . Podes acceder a el no apartado deste espazo dixital no que recopilamos os Cadernos de Estudos Locais publicados ate o día de hoxe pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.

José Cornide foi un dos principais intelectuais da Ilustración na Galicia do XVIII. En Sada -no seu pazo de Mondego- transcorreu boa parte da súa vida e desenvolveu as súas inquedanzas científicas. A estudar este estreito vínculo con Sada e con Mondego está dedicado o nº 35 dos nosos Cadernos de Estudos Locais.

Mais imaxes do acto de presentación do Caderno


Partillar

One thought on “DISPOÑIBLE O CADERNO DE ESTUDOS LOCAIS Nº 35 ADICADO A JOSÉ CORNIDE E A VILA DE SADA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *