DIFERENZA DE TRATO INTOLERABLE

 

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo solicitou permiso para a celebración dun acto institucional o pasado 16 de agosto nos exteriores do Pazo de Meirás, de recoñecemento ás persoas sadenses asasinadas polo Franquismo. O goberno do Estado denegouno “en atención á situación xurídica do inmoble…”

Xusto un mes máis despois, o pasado día 16 de setembro, coa mesma situación xurídica, autorizouse un acto de entrega de medallas ligadas a persoas que merecen recoñecemento no campo da igualdade (que nós non cuestionamos)

Esta diferente vara de medir do goberno do Estado non é casual. A ACISP defende, xunto co movemento memorialista e outras organizacións, que entre os usos aos que se destinen as edificacións do Pazo, se respete a historia recente do mesmo en relación co expolio e a dictadura, sobre todo para que non se repitan feitos similares.

Outras Institucións parece que pretenden a exlusividade para outro tipo de actos, que evidentemente deben ter cabida, pero non en exclusiva.

Desde a ACISP seguiremos a traballar para que non se oculte unha parte da historia, falando exclusivamente de outra que non negamos, pero que nunca permitiremos que sexa excluinte.

Adxuntamos carta de protesta remitida no día de hoxe ao Director Xeral de Patrimonio do Estado e ao Secretario de Estado de Memoria Democrática do goberno do Estado



Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *