Desde “Amigos dos Museos” dannos traslado do seguinte manifesto que desde a AC Irmáns Suárez Picallo apoiamos e divulgaremos entre o conxunto da sociedade para acadar apoios.
Neste texto recollense as conclusións as que se chegaron na Mesa Redonda organizada pola nosa asociación o pasado día 9 de setembro titulada “Significado e futuro do Museo Carlos Maside“.
A continuación podedes ler o texto integro do Manifesto:
Dende o ano 2016 e por diferentes organismos, institucións e colectivos culturais de Galicia argumentouse e solicitouse ante as administracións – ás que involucra na salvagarda do Patrimonio Cultural o artigo 46 da Constitución Española – incoar expediente para a declaración de BIC, do Museo de Arte Contemporánea Galega Carlos Maside ( o Castro de Osedo, Sada). Argumentada solicitude de protección máxima realizada en base á Ley de Patrimonio Cultural de Galicia ( 5/2016, de 4 de maio)
Centro que alberga significativa obra de Castelao, declarada BIC
O Museo de Arte Contemporánea Galega “Carlos Maside”, alberga ademais significativas obras de Castelao, declaradas Ben de interese Cultural BIC (por Decreto 249/2011, do 23 de decembro), con todo o que isto implica a nivel legal e de cara a súa salvagarda. Pese a todo na actualidade sometida a problemas de conservación polo estado xeral do Museo.
O Laboratorio de Formas de Galicia: teoría e praxe para unhas industrias preocupadas pola ética e estética de Galicia
Museo nacido no 1970, dentro do ideario do Laboratorio de Formas de Galicia, proposta de Isaac Díaz Pardo, Luis Seone e doutros exiliados, a fin de rehabilitar e revitalizar – aínda dentro da represión da ditadura franquista – canto implica a cultura galega, a súa imaxe e identidade. Anovando así a teoría e praxe do Seminario de Estudos Galegos, institución expoliada na guerra e a partir de entón desdebuxados os seus fins, supeditado ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas aínda hoxe.
Laboratorio de Formas que ademais do devandito museo, co fin do acopio, estudo, documentación e divulgación do Movemento Renovador da Arte Galega, a través das súas máis de duascentas publicacións ( moito deste fondo editorial hoxe almacenado en en difícil situación de conservación) vinculou este activo centro ao debate arte-industria, tradición-modernidade, ética-estética, así como a todo un programa de recuperación cultural e industrial, á imaxe de Galicia, fronte á tendencia acultural ao esperpento. Iniciativas ás que se suma Cerámicas e Editorial do Castro impulsoras do termo “Memoria Histórica”…. así como a Fábrica de Sargadelos coas súas experiencias cerámicas, mesmo o ensaio co vidro, co tapiz, co deseño de mobiliario…. a recuperación do contexto histórico da arqueolox
Ia industrial do Sargadelos de Raimundo Ibañez…. Tentando incorporar e edificando en Compostela espazos para o IGI, o Instituto Galego de Información, asumindo a importancia da comunicación na súa era, imprescindible na información e na formación….tamén recibindo o legado do Laboratorio Xeolóxico Parga Pondal . Institucións que foron modelo e referente a nivel mundial a través de congresos. “Industrias da Memoria” caracterizadas polo seu compromiso sociocultural e reivindicación da personalidade histórica de Galicia, aspectos de orixe nos que radica a mesma orixinalidade, os que a nova administración destas empresas, foi retirando.
Ante o reiterado silencio administrativo respecto á solicitude de BIC para este Museo cabe a denuncia de Contencioso Administrativo
Si respecto ás propostas de declaración de BIC do Museo de Arte Contemporáneo Carlos Maside houbera silencio administrativo, entenderíase este como inobservancia de principios, á Lexislación, prevéndose acudir aos Tribunais de Contencioso Administrativo, o que se suxire se faga canto antes.
Sumámonos e solicitamos agora do movemento cultural de Galicia, especialmente dos colectivos preocupados polo seu Patrimonio Cultural, a que asuman e se sumen a esta cuestión urxente e se dirixan ás diferente administracións , pedindo que enxerguen a importancia de presente e de futuro deste legado, velen polo continente, contidos e historia do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside para incluílo no Catálogo de Bens de Interese Cultural de Galicia.