A AC IRMÁNS SUAREZ PICALLO PARTICIPARÁ NO ACTO DE REINVIDICACIÓN DO MUSEO CARLOS MASIDE CONVOCADO PARA ESTE VINDEIRO SÁBADO

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo participará no acto de reinvidicación do Museo Carlos Maside para que sexa declarado Ben de Interese Cultural e que sexa aberto ao público convocado polo Bloque Nacionalista Galego de Sada.

Animamos pois ao conxunto da cidadanía a participar neste acto que reclama a posta en valor e a recuperación para o uso público, dunha infraestructura cultural de tanta relevancia para o noso concello e para o Pais.

O acto terá lugar este vindeiro sábado, día 25 de setembro, as 12 horas

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *