A AC IRMANS SUAREZ PICALLO EN MEIRÁS

 

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo organizou durante todo este verán que remata mañá día 22 de setembro visitas guiadas para colectivos, asociacións e persoas interesadas na Memoria que agocha a antiga propiedade dos Pardo Bazán.
Este vindeiro luns 27 de setembro celebrará as ultimas visitas que vimos organizando todos os luns no Pazo de Meirás de maneira ininterrumpida. Será mediante convites das nosas socias e socios durante a mañá, e coa Asociación Cultural Roxin Roxal durante a tarde.
Son varias xa as visitas que esta Asociación coorganizou con nós, asi como outras entidades como a Asociación Veciñal da Agra da Coruña que levou ao Pazo ata tres grupos de veciños e veciñas guiados por Manuel Pérez Lorenzo ou/e Carlos Babío, ambos da directiva da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.


Estas actividades se sumán aos traballos para fornecer ao
concello de Sada de materiais ao Concello de Sada, administración que ten delegada a organización de visitas ao Pazo de Meirás para o público en xeral.

Agora compre seguir demandando das Administracións públicas a apertura das Torres á visita pública, cumprindo a legalidade vixente ao respecto dos bens patrimoniais declarados como BIC. Mais sobre todo, compre que o estado demande xudicialmente os bens mobles que son reclamados polos herdeiros do xenocida Franco. Que non o demore por mais tempo.
E compre tamén que a Xunta de Galicia execute as competencias que ten en materia de protección patrimonial é dote de protección os mobles de Meirás. So así garantiremos que eses bens non saian de Meirás e que a administración pública poida ter control sobre eles.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *