UNHAS XORNADAS DE MEMORIA EN SADA COLABORADAS POLA ACISP. CONSULTA AQUÍ TODA A INFORMACIÓN

A xornada “Que facer cos lugares de memoria do franquismo?, terá lugar de xeito presencial o vindeiro xoves 15 de xullo de 2021 en SADAO Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Sada e a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo organizan este encontro, coordinado por Xosé M. Núñez Seixas, que se realizará no Auditorio Municipal da Casa da Cultura Pintor Lloréns (Avenida do Porto, Sada).



A evolución recente da batalla xudicial pola recuperación do Pazo de Meirás, despois de varios anos de reivindicación social e da intervención das institucións galegas e españolas a prol da súa titularidade pública, devolveu ao primeiro plano da actualidade a cuestión da permanencia dos lugares de memoria vencellados á ditadura franquista en Galicia. Dende a Casa de Cornide na Coruña á illa de San Simón, son varios aínda os espazos en que a sombra da ditadura, da súa represión e das súas vítimas está presente. Algúns foron obxecto de resignificación, outros aínda xacen no semiesquecemento, igual que varios lugares ligados á memoria do antifranquismo e mais dos movementos sociais anteriores á Guerra Civil. Esta xornada propón unha reflexión de conxunto, contextualizada no marco europeo, das políticas da memoria sobre o pasado recente levadas a cabo en Galicia nas últimas décadas e tamén do que resta por facer.

A xornada contará coa participación de Xosé M. Núñez Seixas (Universidade de Santiago de Compostela / Consello da Cultura Galega), Montse Fajardo (xornalista, escritora e coordinadora de “A memoria das mulleres”), Emilio Grandío Seoane (Universidade de Santiago de Compostela), Dionisio Pereira (historiador), Carlos Babío (A. C. Irmáns Suárez Picallo), Aldara Cidrás (Universidade de Santiago de Compostela), Manuel Pérez Lorenzo (IES Isaac Díaz Pardo (Sada) / A. C. Irmáns Suárez Picallo) e Raúl Soutelo (IES Campo de San Alberto (Noia) / Universidade de Santiago de Compostela).

Máis información e solicitude de INSCRICIÓN.

  • IMPORTANTE: A actividade é presencial e, debido ás limitacións derivadas das medidas contra a Covid, conta cun número limitado de prazas para asistentes. Se desexas asistir deberás, obrigatoriamente, facer a súa inscrición no formulario do sitio web www.consellodacultura.gal e recibir confirmación por parte da organización.
  • Ningunha persoa poderá asistir sen estar debidamente acreditada e confirmada. No interior das instalacións deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal para cumprir as medidas anticovid establecidas polo Auditorio.
  • As sesións serán gravadas e subidas posteriormente ao web do Consello da Cultura Galega. Por tanto, se non podes asistir en directo poderás consultalo en diferido cando desexes. Todos os contidos permanecerán para as consultas futuras na Mediateca do Consello da Cultura Galega.

Partillar

One thought on “UNHAS XORNADAS DE MEMORIA EN SADA COLABORADAS POLA ACISP. CONSULTA AQUÍ TODA A INFORMACIÓN

  1. Hola, me gustaría hablar contigo para ofrecerte dos meses gratuitos para entrevistas y publicaciones en periódicos digitales sobre tu negocio. Publicamos en periódicos de alta autoridad de manera garantizada con alcance nacional. Esto ayudará a mejorar las reseñas, opiniones y reputación en internet sobre tu negocio, además de incrementar el posicionamiento web consiguiendo los primeros resultados en los buscadores. Si me confirmas un teléfono puedo ponerme en contacto para explicarte cómo utilizar estos meses gratuitos. Gracias

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *