Os materiais e contidos que se ofrecen ao visitante no Pazo de Meirás foron elaborados pola AC Irmáns Suárez Picallo

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo asinou co Concello de Sada o pasado mes de febreiro, un convenio de colaboración no que afírmase un “afán compartido entre o Concello de Sada e a ACISP de avanzar no coñecemento da realidade en torno ao Pazo de Meirás”.

O convenio establece esta colaboración xustificada tamén nas “potencialidades para Sada desde o punto de vista cultural e turístico e tamén desde o punto de vista histórico e das posibilidades de promoción económica que ofrece para Sada e o seu entorno”.

Con este obxectivo a ACISP comprometeuse co concello na elaboración dun folleto turístico, para unha guía dos exteriores e interior do Pazo e para a cartelería que considere o Concello en relación coa promoción do BIC Torres de Meirás ao longo de todo o ano 2021.

Ademais da guía para visitar o Pazo de Meirás, a ACISP elaborou un documento para a definición de percorridos e contidos para a visita guiada do Pazo de Meirás ademais de colaborar na apertura deste ben cultural ás visitas públicas, guiando as primeiras que se celebraron e que tiveron nos primeiros días como protagonistas ás asociacións memorialistas galegas, familiares e vítimas do franquismo así como convidadas e convidados por estas.


Este convenio é posible grazas ao amplo material documental da Asociación ao respecto do Pazo de Meirás e pola aportación realizada tanto a este fondo como a investigación sobre este BIC polos membros da nosa asociación Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi.

A continuación publicamos unha serie de documentos de interese para descarga:

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *