MIMINA E ISAAC

 Loli Beloso Neira

Hoxe xuntámonos todos,

amigos de toda a vida

para cantarlle o aniversario

á nosa amiga Mimina.

 

Chegou Isaac ao Castro

un lugar fermoso e feiticeiro,

pero o amor foi tan forte

que de alí non se dou ido.

 

Que bela  é a vida,

poder xuntarnos todos

poder cantar e abrazarnos

poder celebrar este día.

Cantas cousas fixeron xuntos!

Cantas cousas vividas!

Tempos bos e malos

que marcaron as súas vidas.

 

Soñaban os artistas

na terra amada.

 

E no ceo do Castro

as estrelas pasean ledas

o seu grande amor

ao son dunha zanfona vella.

 

Celebrar o aniversario

é unha gran regalía

o valor da amizade

que lles dá paz ás nosas vidas.

 

Soñaban os artistas

na nai terra.

 

E ao longo dos anos

viaxaron polo mundo

as entrañas de Galicia

e o mundo encantado

amou para sempre

a terra da morriña.

Alédase o Castro

alédase Sargadelos

de tan só pensar

que os seus creadores

pensan neles.

 

Soñaban os artistas

dende a distancia.

 

Viva! Viva! Viva!

Soñemos bonito!

Soñemos con agarimo!

Soñemos con Isaac e Mimina

que enchen as nosas vidas!

 

Ilustración: Mimina    Talla de Valentina García Abalo

 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *