A AC IRMÁNS SUÁREZ PICALLO VISITA O PAZO DE MEIRÁS

Este venres a A.C. Irmáns Suárez Picallo entrabamos no Pazo de Meirás. Membros e ex-membros da directiva da Asociación desfrutamos dunha magnífica visita guiada polos nosos compañeiros Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, autores de “Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio”, libro que resultou chave para acadar a devolución do inmoble ao patrimonio público.

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo asinou co Concello de Sada un convenio para a confección de materiais e a promoción das Torres e Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural.
Entre os materiais entregados ao Concello está unha Guía para visitar o Pazo de Meirás que inclúe un Plano orientativo da distribución da propiedade. Ademais, entregouse unha memoria da guía de “Percorrido e Contidos” das visitas a realizar.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *