Manuel Pérez Lorenzo
Figura complexa, en permanente contradición co signo do seu tempo, Emilia Pardo Bazán foi unha das personalidades máis relevantes da España da Restauración. Reivindicadora nostálxica do absolutismo e das estruturas sociais do Antigo Réxime, defensora irredutible dos dereitos da muller…, a autora de Los Pazos de Ulloa fixo bandeira das causas que a situaban nas marxes do convencional. O instrumento empregado foi o seu talento literario, cunha produción escrita sobresaliente.
Resulta difícil comprender a identidade e a creación intelectual de Pardo Bazán sen termos en conta o contexto que a condicionou e marcou de xeito determinante. O contorno de Meirás, no concello de Sada, é parte substancial dese mundo seu. Aquí viviu, aquí atopou inspiración e aquí escribiu. E aquí deixou pegada, aínda perceptible malia os 100 anos transcorridos desde a súa morte e malia, tamén, as vicisitudes que o destino lle depararía á que foi a súa casa.
Nun tempo no que coinciden o centenario de dona Emilia coa incorporación das súas Torres de Meirás ao patrimonio público, trazamos unha notas acerca da súa relación vital e literaria con Meirás e con Sada.
Dona Emilia, veciña de Sada
Emilia Pardo Bazán non naceu en Sada, senón na veciña cidade da Coruña. Porén, o seu vínculo co municipio arrinca xa nos primeiros compases da súa vida. En Meirás estaba a casa da familia paterna, o símbolo da estirpe. A vella Granxa de Meirás era o que quedaba dunha fortaleza do século XIV reconstruída polo avó da escritora, Miguel Pardo Bazán, despois de ter padecido a ira dos franceses na Guerra de Independencia. Liberal progresista, Miguel Pardo Bazán aproveitara entón para retirar os vestixios da súa natureza fidalga. Así a describiría o xornalista Neira Cancela logo dunha visita en 1891:
La granja de Meirás es un inmenso e irregular trozo de país gallego, con el bosque espeso, en el que crece la hierba a su albedrío; con las tierras de labranza, siempre preparadas para que abra los surcos el vetusto arado que ha de arrastrar el buey perezoso; la ancha presa repleta de agua para el riego; el tentador pomar; el productivo molino; el monte accidentado, con sus olores a tojo y resina; el espacioso corral, en que viven en amigable fraternidad conejos y gallinas; el estanque, al que acuden en bandos numerosos las palomas blancas, azules y grises, ávidas de humedecer sus picos, llevándose de regreso al palomar la brizna que flota sobre el agua; el invernadero, donde respiran gardenias y se ahogan los que permanecen encerrados en aquella casa de cristal más de una hora, y por último, el jardincito, con la taza de piedra en medio y el surtidor derramando gotas de rocío sobre arbustos y flores aromáticas.1
Xa nas mans do seu fillo, José, deputado e home de inquedanzas intelectuais, a casona era o destino escollido para as épocas cálidas do ano. Alí transcorreu boa parte da infancia de dona Emilia. Alí casou, aos 16 anos, con José Quiroga. E alí, tamén, fixou a súa residencia habitual para efectos administrativos, combinando as estadías en Meirás con períodos en Madrid e, en moita menor medida, na casa coruñesa da rúa Tabernas. Integrada na vida local de Sada, organizou e presidiu en 1909, en plena guerra de Marrocos, unha «Junta mixta» de «socorros a los heridos de la guerra y familias de los reservistas»2. Ademais, foi o Concello de Sada, presidido polo alcalde republicano Jaime Casanova Mirabent, quen, en 1912, solicitou á Real Academia Española a incorporación de Pardo Bazán, petición rexeitada pola súa condición feminina3.
Acostumaba a escritora prodigarse en longos paseos pola contorna, procurando o contacto cos campesiños e pescadores que logo caracterizaría nas súas obras. A vila de Sada, que comezaba a despuntar como centro turístico na fin do XIX, era o seu destino habitual en moitas tardes de verán, e alí departía coas forzas vivas da localidade e con individuos cos que semellaba ter certas afinidades, como o inventivo Antonio Sanjurjo Álvarez, «Habilidades»:
A cosa de una legua de la granja de Meirás, reclínase en limpio y hermoso playazo el pueblecillo de Sada, objeto y fin de nuestros paseos muchas tardes. Al extremo opuesto de la población, en una eminencia, dominando el rubio arenal, alzábase humilde barraca, donde funcionaba una pobre fábrica de alfarería.
¡Cuántas veces, caminando por entre las heredades y los maíces nos acercamos al establecimiento, regresando luego a tomar el carruaje con las manos llenas de tiestos para plantas, jardineras de barro, mientras los niños pitaban en los gallos que les regalara Habilidades!
Al dueño de la fábrica, el excelente Sanjurjo, le apodaba la gente así, por lo manifecero, industrioso y amigo de probar mecánicas raras para ganarse la vida: y apodo fue el suyo hereditario […].4
As mañás dedicábaas ao traballo, con tanta disciplina como produtividade. En ningún lugar sentía agromar a inspiración creativa coa mesma intensidade:
en donde me hallo mejor para sentir esta grata fiebre de la creación artística es aquí, en la vieja Granja de Meirás, en este rincón apacible de las risueñas Mariñas. Por la mañana, al abrir la ventana de mi dormitorio, lo que veo es un país de abanico de Watteau […]. Si salgo a respirar el fresco matinal para despejarme la cabeza antes de ponerme al trabajo, tengo a dos pasos el bosquecillo cuyas calles en cuesta se abren difícilmente paso por entre macizos de aralias, paulonias, castaños de Indias y retamas de perfume embriagador cuando están florecidas. Poco más abajo el surtidor del pilón, con la billa cerrada, desgrana gotitas menudas sobre la superficie del agua […]; las enredaderas suben por el emparrado arriba, y trepan hasta las bajas e irregulares ventanas de la casa […]. Más allá el reguero de agua, rodeado de berros y helechos, va a perderse en el amplio declive del prado, y el círculo de frutales que crece alrededor de la tapia llama a los golosos con sus perales rendidos al peso de las pomas, y sus pavías destilando aroma.5
O certo é que foi na Granxa onde escribiu o groso da súa obra, pois vai ser o seu lugar preferente de traballo ata os primeiros anos do século XX. A súa «cela», o escritorio do que sairían Los Pazos de Ulloa ou La Tribuna, abríase a un panorama evocador:
La celda en que escribo no da a los jardines, sino a la era: a la izquierda veo el hórreo inmenso y el palomar […]; a la derecha, el muro y la higuera […]; enfrente la puerta por donde sale el rebaño del ganado para ir a pastar al monte; y en el centro el pajar de paja triga, un inmenso montón de oro blando […].
Por las tardes ofrece dilatado horizonte la ancha calle de camelias, que domina toda la extensión del valle y el mar de Sada, caído entre dos montañas como un fragmento de espejo roto […].
A construción das Torres de Meirás
Meirás era para dona Emilia ese paraíso evocador da infancia. A quinta familiar estaba ligada a unha das figuras máis determinantes da súa vida: a do seu pai, apoio firme dunha muller que decidiu percorrer camiños tan inusitados como decotío incomprendidos pola sociedade da época. Logo de se separar do seu marido, José Quiroga, e do duro golpe da morte do seu proxenitor, en 1891 decidía emprender un ambicioso proxecto no que estaría ocupada catorce longos anos. Aquel era o seu fogar, lonxe do balbordo de Madrid, onde residía durante a metade máis fría do ano, e preto da vida urbana de provincias da Coruña natal. Pero a unha distancia suficiente como para poder atopar o ambiente bucólico no que pasar os meses cálidos. Meirás só tiña un problema: a Granxa, coas súas «espesas paredes, sus bajas techumbres y sus anejos posteriormente agrupados en no muy estéticos pegotes», non reunía as condicións que ela requiría. En palabras da escritora, carecía de «aspecto romancesco»: «La Granja es toda rústica; ni piedra de armas tiene […]. A la casa, baja e irregular aunque extensa, se la come la vegetación cubriéndola por todas partes».
Naqueles anos finais do XIX, o que procuraba era proxección e reafirmación nun mundo de homes, como intelectual e como integrante dunha elite nobiliaria –ascendida a nobreza de título coa concesión do Condado pontificio de Pardo Bazán ao seu pai– carente dunha gran mansión señorial que acreditase esa estirpe, que a dotase da escenografía acaída para reivindicar a súa posición. Os cuantiosos ingresos derivados da produción literaria e os aínda máis voluminosos procedentes do cobro de rendas permitiríanlle erguer ese edificio icónico que son as Torres de Meirás, un proxecto compartido con outra persoa de sensibilidade artística e viva intelixencia: Amalia de la Rúa Figueroa, a súa nai. Ambas serían as encargadas de deseñar a nova mansión de estilo historicista, Amalia asumindo a distribución interior e Emilia o aspecto externo. Á creatividade das dúas débese o rico programa iconográfico labrado en pedra, con alegorías literarias e mitolóxicas.
En 1894 colocábase a primeira pedra dun edificio concibido por mulleres e para mulleres, feito máis que inusual na época. A escritora reservaba toda unha torre –a maior– para as súas estancias particulares, coa sala de traballo no andar superior, aberta ao «Balcón das Musas» desde o que seguía divisando, pero a maior altura, a paisaxe mariñá tantas veces contemplada. A capela conservaba no seu interior o sepulcro medieval do fundador da casa, o cabaleiro Roi de Mondego, e albergaba outro, baleiro, destinado a acoller o corpo de dona Emilia. Todos os espazos (salóns, comedor, bibliotecas, capela…) estaban articulados ao redor do inmenso recibidor central, erixido a modo de gran patio cuberto cunha grande escalinata de pedra como elemento central. Un verdadeiro decorado no que se representaba esa dualidade: estirpe e valía persoal, escudos heráldicos e alusións aos triunfos literarios de dona Emilia, perpetuados nas vidreiras.
As Torres de Meirás, aínda por concluír, non serían ocupadas ata o ano 1907. A partir dese momento e ata a morte da súa artífice en 1921, as súas estancias estarían ateigadas de vida. Sucederíanse as visitas de figuras do mundo das artes e da política, así como de representantes das elites nobiliarias e de diferentes casas reais europeas. Tamén de xornalistas, ávidos de coñecer de primeira man o ambiente no que transcorrían os días da escritora. Un deles, Luís Antón del Olmet, evocaba o seu paso por Meirás con estas palabras:
Figuraos un enorme edificio de piedra, con dos torres airosas, gráciles, que perfilan sus almenas en el cielo azul. Todo en la mole es simbólico, elegante, ajustado a un estilo encantador. Las gárgolas, los ventanales, el balcón de «Las Musas», la capilla, la puerta de honor […]… En lo alto ondea la bandera señorial. Luego, en torno de las Torres, una campiña verde y azul, en la que bullen los pinares, y allá en el fondo, la pincelada del mar, salpicando de gaviotas que pasan lentas, blancas, como un sueño…6
Unamuno, entre exclamacións, afirmaba non poder «olvidar aquellos días serenos, en el verano mimoso de Galicia, de la torre de Meirás, y aquellas prolongadas charlas de las largas sobremesas»7.
As paisaxes de Sada como
escenario narrativo
Meirás non era só un fogar. Para Pardo Bazán funcionaba como epicentro dunha contorna que a fornecía de múltiples recursos no seu traballo como escritora. En Sada ambientou unha porción significativa do seu corpus creativo. Como é habitual nela, non emprega nunca topónimos reais , senón que inventa toda unha toponimia ficticia, por outra parte doadamente recoñecible. Sada é Areal; Mondego defórmase en Monegro como Soñeiro en Soñedo; as Torres de Meirás son Alborada nunhas ocasións, Blancas Torres nalgunha outra.
Das súas principais novelas, unha discorre en gran parte por estes lugares, e, de feito, reproduce unha experiencia autobiográfica ficcionada. En La Quimera (1905) relata a historia do pintor Silvio Lago, transunto de Joaquín Vaamonde, que morre de tuberculose no pazo de Alborada, acollido pola baronesa de Dumbría e a súa filla, Minia, representacións de Amalia de la Rúa e a propia Emilia. Outro texto que está localizado en Areal é a novela curta Finafrol (1909), na que realiza unha interesante análise da sociedade local, coas súas desigualdades e miserias.
Porén, é nos relatos curtos onde outorga un maior protagonismo á comarca mariñá. Son numerosos os contos ambientados en Sada: «Consuelos», «La Camarona», «Las cerezas rojas», «Curado», «Leliña», «Cuesta abajo», «En silencio», «El vidrio roto», «El invento», «La hoz», «La guija» ou «El Pañuelo» desenvólvense total ou parcialmente en Areal. «La mosca verde» transcorre nas Torres de Meirás e «Milagro natural» semella ambientarse en Mondego, dada a referencia á imaxe de San Xián coa pomba no templo parroquial e a inmediata proximidade coas Blancas Torres.
A descrición pormenorizada de escenas e paisaxes é unha característica fundamental do realismo ao que Pardo Bazán está adscrita, e non desaparece nas súas obras de corte máis simbolista. Non limitándose a plasmar imaxes, trasládanos sensacións, olores, sons… Comeza La Quimera o seu primeiro capítulo cunha suxestiva descrición da vila mariñeira de Sada:
Los últimos tules desgarrados de la niebla habían sido barridos por el sol: era de cristal la mañana. Algo de brisa: el hálito inquieto de la ría al través del follaje ya escaso de la arboleda. En los linderos, en la hierba tachonada de flores menudas, resaltaba aún la malla refulgente del rocío. El seno arealense, inmenso, color de turquesa a tales horas, ondeaba imperceptiblemente, estremecido al retozo del aire. La playa se extendía lisa, rubia, polvillada de partículas brilladoras, cuadriculada a trechos por la telaraña sombría de las redes puestas a secar, y festoneada al borde por maraña ligera de algas. A la parte de tierra la limitaba el parapeto granítico del muelle, conteniendo el apretado caserío, encaperuzado de cinabrio.
Desde Meirás, debúxase a escena festiva e plácida dos ambientes estivais que caracterizaron Sada e a súa contorna, destino predilecto de bañistas e familias aristocráticas:
corría el mes de julio, la roja y ardiente luna de Santiago, y olía a hinojo, y en el ambiente sonaba la campanillita de oro del júbilo de las romerías y fiestas. Las quintas se habían poblado de señorío, gente de Madrid veraneaba; por los sembrados cruzaban grupos, y era un florecer pronto de sombrillas, pamelas y claros trajes. Ante la verja que domina la terraza de las acacias, pasaban disparados, alzando polvo, cestos ligeros, faetones, borriquillos con sonajas, jinetes. Areal reventaba de bañistas; los aldeanos andaban contentos, porque la leche y los huevos y la legumbre y el lavado se pagaban bien; los caballeros siempre sudan plata. Con frecuencia estallaban cohetes, cruzaban murgas, gaiteros dirigiéndose a las parroquias donde se festejaba al santo. Ruido, actividad, regocijo, sol […].
As Torres de Meirás, no seu heterónimo de Alborada, aparecen tamén descritas en diferentes pasaxes, caracterizadas como un verdadeiro locus amoenus, o espazo idílico envolto nunha natureza exuberante:
A una revuelta de la carretera empezó a emerger, de la ramazón tupida del castañal, el alminar de las torres de Alborada. Poco a poco, la mole del edificio entero: parecía ascender, todo blanco, de piedra granítica; al mismo tiempo olores finos, azucarosos, de flores cultivadas, avisaron a los sentidos de Silvio.
En Finafrol tamén abundan as descricións de ambientes e paisaxes. Entre as localizacións principais figura unha fábrica de salga das moitas que salpicaban a costa de Sada e Fontán. A autora, desta volta, trasládanos a imaxe dun espazo no que beleza e miseria están a se dar a man:
La fábrica de salazón se asentaba al borde de la playa, la extensa playa orgullo de Areal, que rodean malecones de mampostería y sillería, formando un paseo frecuentado por marineros, chiquillería oliente a saín, y pescadoras con cestos de sardina en equilibrio sobre la cabeza. Álamos blancos corpulentos, de argentino follaje color de luna, sombrean desde afuera el patio, ante el cual (a pesar de las exhortaciones del único guardia de orden público que en Areal existe) se hacinan despojos de sardinas y calamares, el residuo de las conservas, apestando el aire que la brisa del mar purifica.
***
A relación vital con Meirás e Sada condicionou o quefacer literario de dona Emilia. Ela, ao mesmo tempo, imprimiu unha fonda pegada sobre estas terras. O sinal máis palpable, as súas altas Torres, incrustadas na paisaxe e na retina de varias xeracións. Avatares do destino farían do edificio e do lugar o epicentro estival do poder na ditadura de Franco e imprimirían sobre as súas pedras novos matices invocadores dunha profunda dor. Ambas as historias, a da literata que as concibiu e habitou e a do ditador que as tinguiu de sangue, conviven hoxe nun espazo de forte carga simbólica e innumerables posibilidades de futuro.
Apuntamentos autobiográficos de E. Pardo Bazán | RAG, Arquivo, Depósito 1 Caixa 255 5
Bibliografía
ACOSTA, E. (2007): Emilia Pardo Bazán. La luz en la batalla. Biografía, Barcelona: Lumen.
ANIDO REGUEIRO, R. (2017): «Emilia Pardo Bazán e o pintor Joaquín Vaamonde na novela La Quimera», en Areal. Revista Cultural de Sada, nº 14, Sada: A.C. Irmáns Suárez Picallo.
BABÍO URKIDI, C., PÉREZ LORENZO, M. (2017): Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, Santiago de Compostela: Fundación Galiza Sempre.
PÉREZ LORENZO, M. (2021): «Meirás antes de Franco. As orixes dun espazo simbólico», Luzes, nº 90, A Coruña.
SÁNCHEZ GARCÍA, J. A. (2010): «Las Torres de Meirás. Un sueño de piedra para la Quimera de Emilia Pardo Bazán», en Goya, nº 332, Madrid: Fundación Lázaro Galdiano.
SANTISO, J. (2006): «Breve aproximación a los espacios creativos de Emilia Pardo Bazán», en Cuadernos Hispanoamericanos, nº 669, Agencia Española de Cooperación Internacional, Madrid: 7-24.