AS RECOMENDACIÓNS DE SERGIO MODIA

 CINE

 

THX 1138

 A ópera prima de George Lucas, director de, entre outras, Star Wars, mostra un futuro cun único poder, ao estilo 1984, pero nesta ocasión máis tecnolóxico, limpo e menos violento, pero onde a opresión do individuo queda claramente visible. Unha magnífica adaptación de novelas como Un mundo Feliz, de Huxley.

NETWORK

Esta película céntrase no poder do telelixo e abórdao dende un punto de vista case visionario. Filmada en 1976, aborda temas e discursos adiantados ao seu tempo, temas que na actualidade son obxecto de debate sobre o poder da televisión e a economía.

Home con cámara

Esta obra non é unha película como tal, trátase de algo experimental e na categoría de documental. O seu director Dziga Vertov filmou en 1929 esta obra mestra da montaxe, na que se experimenta con fantásticos métodos de cámara e edición de vídeo.

A cinta non ten diálogos, mostra un día na atarefada vida da cidade de Moscova e as súas actividades. Moi recomendada pola súa calidade e vangarda da montaxe.

DOCUMENTAL

To Shoot an Elephant

To Shoot an Elephant é un documental de 2009 sobre a Operación Chumbo Fundido na Franxa de Gaza, dirixido por Alberto Arce e Mohammad Rujailahk e coproducido por Eguzki Bideoak. O documental distribúese baixo unha licenza Creative Commons, e foi presentado en numerosos festivais. O título do documental fai referencia ao ensaio de Matar a un elefante (1936) de George Orwell, que trata sobre o imperialismo británico.




 MÚSICA


Siamese Dream

 É o segundo álbum da banda Smashing Pumpkins, editado no ano 1993. Creo que este é un dos seus mellores traballos, despois do disco Adore. Sons escuros e melancólicos, que fan deste disco algo único e que serviu de guía para os seus posteriores lanzamentos. Se por algo destaca a banda é polo seu son, moi persoal e da man de Billy Corgan á voz e as composicións.

Un disco atemporal e maxistral. Un traballo de 10 que nos leva ao noso interior máis profundo.

Isao Tomita

Un dos pioneiros dos sintetizadores e mestre entre mestres. O seu disco Snow Flakes are dancing é unha ledicia para os sentidos. Unha produción impresionante e de calidade. Tomita é un xenio creando atmosferas, neste caso mestura fantasía con futuro e cunha parte infantil que o fai moi interesante de escoitar. Un tema do disco foi banda sonora do mítico programa de TVE Planeta imaxinario.

Cracker

Banda de rock/indie americana, xurdida a finais dos 80 e que tivo o seu éxito nos anos 90. Mesturan country, rock, pop e derivan no máis puro son de mediados dos 90, que lembra a onda Britpop e a grupos como Counting Crows, Oasis ou Blur.

 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *