A ASOCIACIÓN CULTURAL IRMÁNS SUÁREZ PICALLO COLABORA CO CONCELLO DE SADA NA ORGANIZACIÓN DE VISITAS GUIADAS AO PAZO DE MEIRÁS

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo asinou co Concello de Sada o pasado mes de febreiro para a confección de materiais e a promoción das Torres e Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural.

Como xa é coñecido, hoxe comezan por fín as visitas organizadas polo concello e a ACISP entregou xa todos os materiais para comezar coa organización das visitas.

Entre os materiais entregados ao Concello está unha Guia para visitar o Pazo de Meirás que inclue un Plano orientativo da distribución da propiedade. Ademais, entregouse unha memoria da guia de “Percorrido e Contidos” das visitas a realizar. Aquí avanzamos algúns deles, e en breve colgaremos para a descarga todos os materiais da visita.

Todos estos materiais foron elaborados polos autores do libro “meirás, un pazo un caudillo, un espolio”, unha das probas fundamentais presentadas polo estado na demanda que permitiu a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público.

Aquí ofrecemos un resumo das cuestións mais importantes a ter en conta sobre como se pode realizar unha visita ao Pazo de Meirás, e en que consiste dita visita. 


Que días e en que horarios abre para as visitas o Pazo? 

Inicialmente abrirase o Pazo os seguintes días e horarios:

Martes, mércores e xoves: So polas tardes de 16 a 18 horas e de 18 a 20 horas

Venres e sábados: Maña e tarde de 10 a 12 horas, de 12 a 14 horas, de 16 a 18 horas e de 18 a 20 horas.

Domingos: Só polas mañás de 10 a 12 horas e de 12 a 14 horas

Luns: Pechado


Como se realizan as visitas e canto duran? 

As visitas son guiadas e acompañadas en grupos de 20 persoas en cada unha das franxas horarias previstas.

Cada visita ten unha duración aproximada de hora e media.

Como podo reservar ou concertar unha visita? 

Por correo electrónico: reservaspazodemeiras@sada.gal

Por teléfono: 981620075 (Ext. 264) ou 638421054

Os grupos completos (excursións organizadas) deberán facer a reserva obrigatoriamente por correo electrónico.


Que verei na visita? 

Na visita ofrecerase unha explicación xeral acerca da orixe e evolución da finca, cos dous momentos importantes, época de Pardo Bazán coa construción das torres e a partir de 1938 como uso de residencia de verán de Franco; as fachadas principais das Torres, o Hall, a Capela, a Granxa de Meirás, e o resto do percorrido polos xardíns: o árbore senlleira (cocotero de Chile), bosque de bambúes, paseo dos magnolios, ata chega á casa de Xosefa Portela, acabando a visita no Monolito conmemorativo da visita dos Reis en 1927, para despois ter uns minutos de percorrido libre.

Que recomendacións debo coñecer para visitar o Pazo de Meirás? 

Desde o Concello de Sada se advirte que se cumprirán ás medidas relacionadas co Covid 19. Ademáis se recomenda o uso de calzado cómodo e se advirte que a ruta non é recomendable para persoas con movilidade reducida ao tratarse, nas visitas iniciais ata a mellora do edificio, de percorrido por gran parte dos 93.000 metos cadrados dos xardíns do Pazo de Meirás.
A organización, en todo caso, poderá cancelar as visitas por causas meteorolóxicas ou administrativas, previo aviso.

As Torres de Meirás, construídas por Emilia Pardo Bazán entre 1894 e 1910. Albergaba a súa residencia, as súas bibliotecas e a capela, entre as dúas torres de igual altura. Foi residencia de verán de Franco

A Granxa de Meirás, fortaleza do s. XIV reconvertida en casa de veraneo. Durante a ditadura foi rehabilitada polo Estado, empregándose como edificio de servizo da residencia oficial do Xefe do Estado

Casa de Josefa Portela, tomada pola forza en 1938 e rehabilitada polo Estado como casa do garda

Casa das Cunchas, mercada en 1962 e rehabilitada polo Estado en 1975 como casa do garda. Propiedade aínda da familia Franco

Peche exterior e garitas do pazo, construídos pola Junta Pro-Pazo e polo Estado

Cruceiro agasallado polo Concello de Pontevedra en 1938 e diversos elementos (escudos, pías, figuras…) trasladados a Meirás durante a ditadura

Portón do s. XVI trasladado a Meirás na ditadura

“O Paciño”, casa de Xogos de Carmen Franco construída en 1938 [Arquivo BNE]

Obelisco conmemorativo da visita dos reis en 1927

Antigo “camiño do Enreixado”, desprazado para afastalo das Torres e adxudicado a Franco [Arquivo RAG]

Pezas do pazo de Dodro, repartidas polos xardíns

Balaustrada formada coas pezas do pazo barroco de Dodro, desmontado e trasladado a Meirás por mandato de Franco

Os Pardo Bazán no estanque da Granxa [Arquivo RAG]

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *