A AC IRMÁNS SUÁREZ PICALLO APOIA A MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO PORTO DA CORUÑA

EN DEFENSA DO PORTO

A CORUÑA NON SE VENDE

CONDONACIÓN DO PRÉSTAMO DE PORTOS DO ESTADO Á
AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA

NON
Á PRIVATIZACIÓN E VENDA DOS PEIRAOS

No ano 2017 a cidadanía, xunto ao tecido asociativo,
sindical e político da cidade e area metropolitana da Coruña, saímos as rúas
aglutinando a 5.000 persoas baixo o lema “non á venda e privatización da
fachada marítima, A Coruña non se vende, non á especulación”. Catro anos
despois, todas as reclamacións expostas seguen pendentes. É por iso que as
organizacións políticas e sindicais, e as asociacións veciñais, cívicas e
culturais, asinamos este manifesto sobre a problemática da reordenación do
borde litoral da Coruña e chamamos á cidadanía a defender de novo as seguintes
cuestións:

1) A
condonación total do préstamo de Portos do Estado á Autoridade Portuaria da
Coruña para a construción do porto exterior
, mediante a inclusión das
partidas correspondentes nos Orzamentos Xerais do Estado, rexeitando as
“medidas de flexibilización” da débeda até 2035, como as anunciadas, ou a
privatización e venda dos terreos portuarios para o pago desta.

2) A
constitución dun Consorcio ou ente público
coa participación da
Autoridade Portuaria da Coruña, Portos do Estado, Ministerio de Transportes,
Mobilidade e Axenda Urbana, Xunta de Galicia, ADIF e Concello da Coruña para a
xestión do novo borde litoral, no que o Concello teña garantida a participación
suficiente para ter voz e voto na definición dos seus usos.

3) A
licitación do acceso ferroviario ao porto exterior de Punta Langosteira
antes do vindeiro
mes de xuño e a súa adxudicación antes de que remate o ano 2021, co compromiso
firme do Ministerio de Transportes de que, de non conseguirse financiamento a
través de fondos europeos, a execución estará asegurada nos orzamentos do
Estado, tal e como aprobou unanimemente o Parlamento Galego o 24 de marzo de 2021.

4) A
reordenación urbanística e de usos dos terreos portuarios
, deixando sen
efecto os convenios de 2004 e o planeamento do Plan Xeral de Ordenación
Municipal de 2013, formalizando un novo convenio interadministrativo e de
planeamento no prazo de seis meses, coa conseguinte modificación puntual do
PXOM-2013.

5) Un
novo horizonte portuario baseado nos seguintes principios
: titularidade e
xestión públicas dos terreos, equipamentos, zonas verdes e espazos libres; o
porto como motor económico e de emprego; usos produtivos portuarios e
complementarios non contaminantes, vencellados á economía azul, a economía do
mar tendo como criterio xeral a desafectación unicamente do que non sexa
necesario para a actividade portuaria. Queremos construír un novo modelo de cidade pensada para as
persoas, que integre a fachada marítima na cidade, respectuoso co medio
ambiente e con atención á mobilidade e á inclusión social. Este novo modelo de
cidade recuperaría o bordo litoral a escala urbana e metropolitana, protexendo
a fachada histórica, a visibilidade do mar e o patrimonio público, mediante
estratexias de sustentabilidade ambiental e social nas actividades que aquí se
localicen, rexeitando polo tanto a construción de uso residencial nos peiraos
desafectados.

6)
Apertura ao público do peirao de Transatlánticos
, garantindo as medidas de
seguridade obrigatorias por lei, así como dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo, segundo vaian quedando libres de actividade
portuaria.

7) O
deseño dos usos dos peiraos interiores debe realizarse dun xeito transparente e
participativo, que facilite a implicación da cidadanía
. Neste senso, consideramos
esencial o establecemento de mecanismos de participación para recoller as
opinións de organismos empresariais e sindicais, institucións e entidades
veciñais, cívicas e culturais entre as que debería ter un lugar destacado a
realización polo Goberno Municipal dunha Consulta
Popular
, segundo o proceso aprobado no Pleno de 6 de marzo de 2017 porque:
“temos o deber cívico de defender o que é de todos e todas nós. E temos o
dereito a decidir que queremos ser e como desexamos vivir” (Bando do Concello
da Coruña, publicado en maio de 2017).

Por todo o sinalado, igual que fixemos en maio do
2017, chamamos á cidadanía da Coruña e
área metropolitana a participar na

MANIFESTACIÓN

Domingo, 30 de
maio de 2021, saída ás 12 horas da praza da Palloza, que rematará na praza de
María Pita.

Entidades que
apoian (provisional)

Defensa do Común, Federación
de Asociacións Veciñais. Asociacións
veciñais
: Agra do Orzán, Atochas Monte Alto, IAR do Castrillón, Gaiteira-Os
Castros, Eiris, Feans, Cidade Vella, Os Anxos de San Cristovo da Viñas, Labañou,
Ventorrillo. Partidos políticos: Alternativa
dos Veciños, Anova, BNG, Cerna, EU, Marea Atlántica, PCG, Podemos, Sada
Maioría, Verdes-Equo. Erguer-Estudantes de Galiza, Galiza Nova, Mocidade pola
Independencia, Rebeldía Galicia, XCG. Sindicatos:
CCOO, CGT, CIG, CUT. Entidades: A.C.
Alexandre Bóveda, A.C. O Facho, A.S.C. Campo da Pena de Palavea, S.C. Tempo
Novo de Elviña-Castro, C.S. Gomes Gaioso, C.S. A Comuna, Vangarda Obreira,
Plataforma pola Defensa da Ría de Sada e Betanzos, Amigos dos Museos de
Galicia, Foro Cívico, Comité de Defensa das Rías Altas, Forum Propolis,
Plataforma en Defensa do Tren A Coruña-As Mariñas, ADEGA, Habitat Social, Ecoloxistas
en Acción, Mar de Fábula, Fridays For Future, Extinction Rebellion, Arquitectura
sen Fronteiras, Asociación por unha Mobilidade Responsable, Plataforma de
Afectadas pola Ampliación do CHUAC, Proxecto Cárcere, CRMH da Coruña, Irmandade
Moncho Valcarce, A.C. Vieiros, Colectivo Cultural In Nave Civitas, Colectivo
das Pedras Galladas, Stop Desafiuzamentos, A.C. Irmáns Suárez Picallo, Asociación
de Escritoras-es en Lingua Galega, Cántigas da Terra, A.C. Son d´aquí, Marcha
Mundial das Mulleres, Confraría de Pescadores e Mariscadoras.

 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *