Abel López Soto
De esquerda a dereita, Carmen Arias de Castro “Mimina”, Isaac Díaz Pardo e o autor deste artigo, Abel López Soto e Xesús Alonso Montero |
Mimina naceu tal día coma hoxe, un 15 de abril de 1921 na Coruña. A súa figura está moi ligada á do seu marido, Isaac Díaz Pardo, ainda que merece un espazo e recoñecemento singular porque Carmen Arias, ademáis de ser unha gran artista plástica, foi cofundadora de Cerámicas do Castro, a súa familia era a propietaria dos terreos onde se asenta a fábrica, e contribuíu de maneira decisiva á consolidación do grupo Sargadelos ata convertilo nun referente empresarial da Galiza do século XX.
Ainda que a súa infancia transcorre na Coruña, veraneaba en Sada, no Castro, cando as vacacións dos veraneantes empezaban en xuño e duraban ata ben entrado setembro.
Deu os seus primeiros pasos como pintora da man dunha persona á que lle chamaba “tía Lola”, Dolores Díaz Valiño, que en realidade era tía de Isaac e foi precisamente nesas clases onde o coñeceu e así empezaron a saír xuntos.
Mimina foi unha aluna aventaxada xa que acabou convertíndose en axudante da “tía Lola” ata que ésta decide ir a Madrid estudar Belas Artes. Mimina tamén quería ir pero non puido, a súa condición de muller comeza a xogarlle malas pasadas, porque o seu pai non llo permite e ten que realizar os estudos por libre.
Tampoco o pai era partidario nos comezos, da relación sentimental con Isaac, ainda que ao final acaban casando no Castro no verán de 1945
Catro anos máis tarde inician xuntos o proxecto de Cerámicas do Castro onde Mimina xoga un papel imprescindible, encárgase de dirixir a decoración das pezas que se producían, ademáis do coidado dos seus tres fillos que naceran moi seguidos, nunha época onde a conciliación da vida familiar e laboral para as mulleres era realmente moi complicada.
Mimina encárgábase ademáis de ensinar a todas as persoas que entraban a traballar na factoría do Castro.
Cuando Isaac se despraza á Arxentina para por en marcha a empresa Celtia, é Mimina quen queda ao mando de cerámicas do Castro e incluso viaxa a Magdalena, a primeira vez no 1958, para ensinar tamén ás persoas que se incorporaban a traballar nesa fábrica.
Coincidindo co inicio da produción de Sargadelos en Cervo a comezos dos anos 70 do pasado século, Mimina crea a súa propia línea de xoiería, todo un éxito desde o punto de vista artístico e empresarial.
Ademáis de todo este inxente traballo, do coidado dos fillos, da familia, Mimina tiña tempo e ánimos para se converter nunha gran anfitriona, co seu carácter afable e unha educción exquisita recibíu na súa casa do Castro a moitas persoas relevantes do mundo da cultura e da política galega e española da época.
No ano 2011 o Concello de Sada ofreceulles unha sentida homenaxe, unha de tantas que recibiron en Sada, en Galiza e agora tamén na República Arxentina, porque son moitas as persoas que pensan que nese proxecto empresarial e vital da parella, Mimina xogou un papel decisivo e merece un brillo propio na costelación das grandes personas artistas e emprendedoras da Galiza do século XX.
Abel López Soto. Secretario de la Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada
Carmen Arias de Castro “Mimina” |