90 ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA

 

Hoxe, 14 de abril, conmemoramos o 90 aniversario do inicio desa experiencia modernizadora que foi a II República, o noso referente máis inmediato de democracia no pasado.

Un período curto, apenas cinco anos, no que se puxeron en marcha reformas agardadas desde décadas atrás. Cinco anos nos que comezou a implantarse unha nova cultura política: a da participación activa da cidadanía na esfera pública.

Cinco anos que remataron coa sublevación militar de xullo de 1936, impulsada por aqueles que vían perigar os seus seculares privilexios, preámbulo dunha ditadura de catro décadas.

Esta tarde, como cada ano, lembraremos ás persoas que foron represaliadas en Sada polo franquismo; persoas que, desde perspectivas diferentes -porque a II República é un tempo de pluralidade- quixeron construír futuros mellores e pagaron o seu compromiso coa morte, o exilio, o cárcere, a vexación ou as sancións económicas. 
A ofrenda floral realizarémola ás 20:00 no monumento ás vítimas da represión franquista, no paseo marítimo.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *