RAMÓN SUÁREZ PICALLO (Sada, 1894-Bos Aires, 1964) foi un
xornalista, sindicalista e político galego. Emigrante na Arxentina cando mozo e deputado nas Cortes da II República, foi unha das principais figuras do Partido Galeguista, rematando os seus días no exilio. Colaborador ocasional do diario El Pueblo Gallego, de Vigo, nos anos 30, uns meses despois da caída da monarquía e da chegada da democracia publicaba o seguinte artigo de opinión no que reflexiona acerca da relación entre a intelectualidade e a identidade cultural galega, saíndo ao paso das declaración formuladas por un catedrático da Universidade de Santiago de Compostela en tono crítico co proceso autonomista.