SOL DE DECEMBRO

 Paris Joel

Aínda que o ceo amose as engurras máis feroces

E a choiva sexa máis perpendicular no inverno,

Nada molla tanto coma o Sol de decembro.

Esa caloriña que ferve no verde campo,

Que agudiza o primeiro sorriso da mañá,

Ese aire okupa nos pulmóns deshabitados

[da esperanza,

Lume para o lixeiro camiñar dun onírico Pegaso

Cuxas ás son beizos aos que quero regresar.

 

Sol de decembro,

Acougo no trebón,

Pano branco na beira da vida,

Intermezzo,

Bandeira eterna para a paz,

Vento manancial que me abriga.

 

Déixame quentar,

Aínda que sexa unha faragulla,

Este espírito canso

De anemones e ferraduras.

 

«Sol de decembro»

Ilustración orixinal de Manuel Suárez de Concha

 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *