LISTA ORDENADA DO CONFINAMENTO

Vanesa Santiago

Ilustración orixinal de David Suárez «Geppe»

 


Non me gusta ter medo a coller o becho, nin a que o collan os seres queridos

Non me gusta non ver aos seres queridos e estar preocupada por eles 


Non me gusta que reduzan ao mínimo imprescindible as consultas médicas

Non me gusta ir soa ás consultas médicas

Non me gusta a parálise burocrática

Non me gusta que me caducara o certificado dixital o 15 de marzo e que o mundo se paralizara o 16 de marzo

Non me gustan as listaxes de espera eternas na administración pública nin as citas previas para todos os trámites burocráticos, e sorte cando as hai

Non me gusta a Taxa Pandemia que pagamos en forma de inflación de produtos frescos por estar confinada a sociedade

Non me gusta necesitar cousas e ter que pedilas por internet, e ter medo a que non cheguen polo desabastecemento dos almacéns

Non me gusta non poder mercar libros en librarías

Non me gusta sentirme delincuente ao saír á rúa, causa xustificada mediante, pensando que te pode abordar a policía

Non me gusta non poder desconectar da rutina saíndo tomar un bocadillo e un refresco á tardiña

Non me gusta non poder pasear á noitiña arredor da mazá

Non me gusta non coller o coche un domingo calquera e ir por aí, onde nos leve o vento

Non me gusta que o meu compañeiro estea acollido a un ERTE

Non me gusta que a miña amiga traballe de caixeira

Non me gustan as videochamadas, nin nestas circunstancias

Non me gustan que estean colapsadas as centrais telefónicas do servizo de saúde nin dos servizos de transporte de mercadorías, nin da administración pública nin…

Non me gusta que a pandemia e o virus sexan monotema en todos os medios de comunicación e nas redes sociais, impedindo ter a cabeza noutras cousas

Non me gusta ter parálise lectora e escritora

Non me gusta ter o pelo longo e non poder ir cortalo en abril, como imaxinara

Non me gusta non escoitar nenos na rúa

Non me gusta o distanciamento social que prohibe as apertas

Non me gusta o distanciamento sensorial que implican máscaras e luvas

Non me gusta non poder bicarte pola rúa, nin ir xuntos da man

Non me gusta ter crises de ansiedade

Non me gusta ser grupo de risco

Non me gusta ter medo

Gústame ter internet para estar comunicada e entretida

Gústame ter unha terraza na que dá o sol

Gústame escoitar paxaros e cheirar laranxeiras

Gústame deitarme, pechar os ollos e poñer música

Gústame o meme dos africanos

Gústame atopar crebacabezas, e completar o que ten debuxadas fadas e non aos reis eméritos

Gústame experimentar sobremesas na cociña e que ti experimentes sobremesas na cociña e saborear xuntos o resultado

Gústame pasar o confinamento contigo, e que cando teño medo me apertes e me digas que te fago feliz

Gústame o motivo polo que son grupo de risco

Gústame agardala

 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *