A VIAXE DE PANDORO

 Xacobe Anido Castro

Baixa Idade Media: Século XIV

Acababa de rematar a Peste Negra, tamén chamada como «Morte Negra», en España. A miña muller acababa de ser unha das moitas vítimas da peste, e eu refuxiábame no dormitorio da miña casa en Segovia. A miña casa era unha das máis grandes e luxosas do tempo. 

Tiña unha cociña, dous dormitorios, un cuarto de baño, dous salóns e un balcón. Naqueles días, eu xa tiña 47 anos, estaba viúvo e aburríame moito paseando polos corredores daquela antiga casa. Nunca tiña moita fame, e o maior tempo da miña vida pasábao no balcón. Tampouco saía da miña casa, xa tiña toda a comida que necesitaba para polo menos cinco anos. Non sabía que facer. Mais un día, mirando polo balcón, descubrín que acababa de nacer un neno na casa de enfronte. Era unha casa de pedra con catro ventás de madeira e unha gran cheminea. O tellado era de palla e madeira e non estaba moi coidado, tamén, porque, eu vivía no campo. Aquela casa tiña unha pequena granxa de millo. Desde o meu balcón podía ver a cabalos, vacas, galiñas, porcos e cabras. Tamén había un pequeno pendello coas paredes gastadas co paso dos anos. Aquel día, 27 de xuño, acababa de nacer un neno, que se ía converter no meu mellor amigo, no tempo que me quedou de vida, claro. 

Despois daquel día, pasei observando polas ventás da casa daquel neno como pasaba a súa infancia. Ao parecer, non lle deixaban saír nunca da casa, porque tiña que traballar na granxa, e aínda me lembro de que cando lle daba de comer ás vacas, sen darse conta mirábame e me saudaba desde a granxa con cara de estrañeza, seguramente porque aínda non me coñecía. Cando cumpriu os catorce anos, atrevinme a saír da miña casa. Baixei as escaleiras amodo, porque as avelaíñas e a humidade deterioraran os chanzos da escaleira. Cando cheguei á porta de madeira do meu fogar, abrín as sete pechaduras que me separaban do exterior e abrín lentamente aquela porta de madeira de carballo. Cando xa estaba fóra, a luz queimoume os ollos por uns poucos segundos.

Atopábame diante da entrada daquela casa de pedra cando dei tres golpes na porta. Segundos despois, unha muller de pelo castaño, moi delgada e con moitas pecas na cara preguntoume:

Quen es ti e que fas chamando a miña casa?

Son o teu veciño, o que vive fronte a teu fogar

Vives alí? Pois non o sabía. E que queres?

Non sabería como dicilo pero gustaríame entrar ao aniversario do teu fillo.

Claro, claro… Pase, axiña, que a festa está a rematar.

Ao entrar, pasei un bo anaco vendo as malas condicións do interior da casa, cando o vin; vin un rapaz, un pouco máis baixo ca min, co pelo escuro. Vestía uns trapos vellos, típicas vestimentas de granxeiros e aldeáns da época. Mireino con asombro. Aproximeime un pouco a el cando me mirou con sorpresa e me dixo:

Es ti.

Si, son o teu veciño. Toma, un agasallo.

Deille unha caixa de madeira que contiña un colar feito de prata, madeira e cristal, que fixen eu mesmo, coa intención de que o puxese fósemos amigos. Cando o rapaz abriu a caixa e se puxo o colar, quedou fascinado e me comentou:

É moi fermoso. Fixéchelo ti? –preguntoume–. Nunca tiven algo tan fermoso e tan caro na miña casa, moitas grazas.

Non foi nada, pero non creas que vale moito diñeiro, só e un colar.

Non me refiro ao diñeiro, iso non me importa porque eu son feliz sendo pobre. Refírome ao valor sentimental.

A claro, en iso tes moita razón.

Despois diso estivemos falando os dous bastante sobre outras cousas cando aquel neno me dixo:

 

—Chámome Pandoro.

Quedei fascinado despois de escoitar como se chamaba aquel neno ao que estiven espiando desde que naceu.

É un nome moi fermoso –engadín.

Grazas. E ti como te chamas?

Chámome… –quedei pensando un pedazo cando dixen:

Chámome Xosé Luis

Cando Pandoro estaba a piques de dicir algo, a súa nai dixo en voz alta:

Atención, paréceme a min que xa vai sendo hora de rematar este aniversario. E, Pandoro, cando todo o mundo se vaia, recolle todo e vai buscar auga ao pozo.

Dito isto, a nai de Pandoro mandou marchar a todo o mundo, incluíndome a min. Cando cheguei a casa, deiteime na miña cama e fiquei durmido. A mañá seguinte, espertei de golpe por un gran berro dunha muller que ficaba na rúa. Levanteime, vestinme rápido e fun ver que estaba a pasar.

O meu neno, o meu neno, o meu neno non está! berraba a nai de Pandoro.

Bos días. Que está a pasar aquí?

Bos días? Bos días os terás ti! O meu pequerrecho non está na casa.

Non está Pandoro? Fique aquí un momentiño, que vou ver se está no meu xardín.

Despois diso, fun camiñando o máis rápido que puiden cara ao meu xardín traseiro, que estaba en moi malas condicións. Cando cheguei gritei:

Pandoro, Pandoro, onde te metiches rapaz!

De súpeto, escoitei a voz del.

Pandoro, es ti? Onte te metiches? A túa nai está moi preocupada.

De verdade está tan preocupada Xosé Luis? Porque só me usa para coidar a granxa mentres ela non fai nada en todo o día.

Deime a volta lentamente e el ficaba alí. Despois díxome:

Non quero seguir vivindo alí.

Pero eu non che podo facer nada…

Antes de que puidese rematar a frase, levantouse unha gran tormenta que me obrigou a meter a Pandoro dentro da miña casa. Estivemos comentando un pouco o ocorrido aquela mañá e intentei razoar con el, cando eu entrei en razón de que o trataban moi mal e precisaba axuda.

–Vale, Pandoro, se iso é o que queres, intentarei axudarte.

Moitas grazas señor Xosé, pero como me vai axudar?

Ti queres vivir só, non é así?

Quero.

Moi ben, ti xa es maior e creo que te apañarás ben. Pero vas ter que traballar.

Non me importa. A miña nai trátame moi mal e só quero ser feliz, aínda que teña que traballar nas leiras.

Dito iso, conteille todo o que tiña pensado facer.

Eu teño unha casa de campo na montaña chamada Peñalara; se consegues chegar ata alí, a túa nai xamais te encontrará e poderás vivir feliz. Para chegar a miña casa de campo, terás que atravesar o Pantano de Revenga e despois chegar ata o monte de Valsaín. Cando xa estés no outro lado, xa verás a casa no máis alto da montaña.

Despois de contarlle todo o que precisaba para a viaxe, dirixinme a un estante do salón, abrín un caixón e de alí saquei un mapa de Segovia. Deille o mapa e apreteille moito a man cando dixen:

Ten moito coidado, e non deixes que os gardas che vexan por alí só.

Cando lle preparei a mochila a Pandoro despedímonos cun sorriso e el apresurouse a chegar a aquela casa canto antes. Estivo un tempo correndo ata chegar ao Pantano de Revenga. Xa eran as seis da tarde, estaba un pouco escuro e había moita néboa. Estivo camiñando a paso rápido cando case se quedou atrapado no fango, pero, por sorte para todos, logrou escapar grazas a unha póla moi grande dunha vella árbore. Ao cabo dun instante divisou unha luz ao fondo do pantano. Pandoro pensou que era algunha taberna, pero cada vez a luz acercábase máis a el. Despois dun segundos, puido ver con claridade que eran uns gardas. Ao parecer, estaban alí en busca de Pandoro, que a súa nai avisou as forzas armadas.

–Son gardas montados a cabalo, sete concretamente – dixo Pandoro en voz baixa.

Cando os gardas xa estaban aos pés de Pandoro, el cubriu a cabeza cun trapo vello moi escuro que levaba na súa mochila, o que provocou que os gardas non o puidesen ver pola escuridade e a néboa. Esperou alí escondido un bo anaco. Cando viu que os gardas xa se foran, levantouse e seguiu a súa viaxe. Despois de media hora camiñando, conseguiu atravesar o pantano con éxito.

Cando puido saír daquel lugar, limpou os zapatos na herba e seguiu camiñando durante vinte minutos até chegar ao monte de Valsaín. Xa eran as sete menos dez e non se podía ver nada pola escuridade da noite, pero Pandoro, colleu un pau que encontrou mentres camiñaba entre as árbores e prendeu un pouco de lume para poder orientarse pola noite. Desgraciadamente, Pandoro perdeuse no monte, e estivo alí até a mañá seguinte residindo nunha tenda de campaña que fixo el persoalmente con madeira e follas. Cando amañeceu no monte de Valsaín, xa se podía ver todo con claridade e, Pandoro seguiu a súa aventura. Non quedaba moito para a Peñalara, pero de camiño parou para descansar un pouco nunha rocha. Pouco tempo despois, continuou a súa marcha. Pandoro, mirou o mapa que lle dera Xosé Luis, e deuse conta de que xa se encontraba aos pés daquela gran montaña.

Empezouna a escalar. Ao principio era só camiñar a paso rápido porque só era un pequeno outeiro, pero a medida que se aproximaba Pandoro ao cume, facíase máis empinada. Por sorte non pasou nada, e conseguiu chegar arriba. De tanto cansazo de escalar, Pandoro non podía dirixir a mirada até a casa da que o seu amigo lle falara, nin tampouco podía respirar ben tamén pola culpa da altitude. Pasaron uns segundos, e Pandoro conseguiu recuperar o alento cando mirou a casa de campo na que ía pasar o resto da súa vida.

A partir daquel momento, Pandoro viviu ben. Asentou naquela casa, e montou unha pequena granxa. Estivo ben alimentado e, para calquera cousa que precisase, tiña unha pequena aldea aos pés da montaña.

 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará