Memoria de Sada
Este escaparate, corresponde á Confitería Del Valle hai moitísimos anos e na época de Nadal. O escaparate está repleto de «culebrinas», xa que o confeiteiro D. Guillermo as bordaba. Tras o escaparate pódese ver a tres persoas. A segunda á dereita é a súa muller dona Amparo. Vese tamén unha chaqueta branca pero non a cara, pero seguro que é D. Guillermo, que adoitaba usala cando estaba na confeitería.
A imaxe foi tomada pola fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson no ano 1925, no transcurso dunha das súas viaxes por Galicia.
memoriadesada.com
![]() |
Anuncio publicado na revista local Mariñana
no mesmo ano no que foi tomada a fotografía
|