José Manuel Borrazás Babío
En canto aos barcos da Armada que aparecen citados, dicir queestamos a falar dos seguintes navíos: corveta a vela «Villa de Bilbao», fragata de hélice «Carmen», e vapor-remolcador de rodas con casco de ferro «Ferrolano».
Imos facer unha pequena referencia a cada un deles, que poida servir de modo ilustrativo sobre a composición dos barcos da nosa Armada de guerra.
Corveta a vela VILLA DE BILBAO
Tiña unhas medidas de 160 pés de eslora, 43 pés de manga, e 21 pés de puntal. Fora construída en Londres no ano 1845, e estaba dotada de 26 canóns de 32 e dous canóns de 68. Á súa chegada a Ferrol en abril de 1846 está ao mando do Capitán de navío D. Joaquín Gutiérrez de Rubalcava e Casal (1803-1881). Causará baixa definitiva no ano 1930 despois de 85 anos de longa vida militar, deixando de ser buque de guerra no anos 1873 quedando para servizos de escuadra e pontón.
Como referencia citar que pasa a ser Buque-Escola de gardas mariñas, cun armamento de 18 canóns, no ano 1865; e no ano 1873 serve de depósito de aprendices de mariñeiría no porto da Carraca (Cádiz). Algúns dos seus comandantes foron: o Capitán de navío D. Manuel Pasquín e de Juan (1828-1901) no ano 1877, o cal aparece no documento Estado General de la Armada para el año 1868 como profesor de matemáticas do Colexio Naval Militar de San Carlos do departamento de Cádiz; o Capitán de fragata D. Antonio da Rocha e Aranda, no ano 1879; e o Tenente de navío de primeira D. Julián Garcia de la Vega, no ano 1885. Así mesmo irán aparecendo outros comandantes nas diversas misións que se citarán en diante.
Ademais das numerosas singraduras polos diferentes mares do mundo, só imos apuntar algúns datos de interese:
O día 17 de xullo de 1846 parte cara aos Azores con outros barcos aliados (portugueses, británicos e franceses) para conter unha sublevación contra a raíña María II.
O 25 de xullo dese ano partiu do porto de Ferrol cara a Vigo.
Chega ao porto de Lisboa o dia 7 de agosto ao mando do Capitán de fragata D. Guillermo Chacón e Maldonado (1813-1899).
O día 12 de agosto de 1846 forma parte con outros 6 buques dunha división de instrución nas costas de Galicia e Portugal ata o mes de setembro do ano 1847, tamén ao mando de D. Guillermo Chacón e Maldonado.
En xaneiro de 1849 forma parte dunha escuadra naval que se formou en Cádiz para apoiar á Santa Sé e derrotar máis tarde á República que se proclamou en Roma o día 5 de febreiro; abandonan as augas italianas os últimos navíos españois en marzo de 1850.
O día 19 de abril de 1850 sae de Cádiz con destino a Manila, participando en varias misións nas Illas Filipinas ata principios do anos1851 (en Joló a finais de 1850, de Manila a Zamboanga parten o 11 de decembro).
No ano 1853 ao mando do Brigadier D. Joaquín Gutierrez de Rubalcava e Casal participa en augas do Mediterráneo nunha escuadra de instrución chegando mesmo ata Nápoles.
É destinada a Montevideo no ano 1857 e regresa a España no ano 1859.
O día 4 de xullo do ano 1859 é o seu Comandante o Capitán de fragata D. Juan Bautista Antequera y Bobadilla (1824-1890) , e vai participar tanto en operacións no Mediterráneo como na Guerra de África nos anos 1859 e 1860. Aquí é onde aparecen mencións referidas a: Guerra de Marrocos, Bombardeo do Forte Río Martín, Bombardeo da Fortaleza de Tetúan, Bombardeos de Larache e Arcila, e a Batalla de Wad- Rás.
Xa ao finalizar estas operacións africanas, é destinado a Nápoles para misións diplomáticas.
No ano 1861 participa nunha escuadra de instrución ao mando do Capitán de fragata D. Enrique Paez e Fernández. Así o recolle D. Jorge García Barros no seu libro Medio siglo de vida coruñesa 1834-1886. Del Miriñaque al Tren Veloz:
Hernández Pinzón.Saldrán en breve del Ferrol los buques de la escuadra que se reunirá en Algeciras, donde se adiestrarán en unos ejercicios militares y marineros, atendiendo a la vez al servicio de nuestras posesiones en África.Irá al mando de la misma, arbolando su insignia en el navío “Reina Isabel II” el almirante don Luis Hernández Pinzón.Forman el cuerpo de escuadra los siguientes buques:Navío “Reina Isabel II”Fragatas “Concepción” “Cortés”Corbetas “Villa de Bilbao” “Ferrolana”Buques de “Vasco Núñez de Balboa” vapor y “Ulloa”Hélice “Colón” “Lepanto” “Vulcano” “Liniers” “Alerta” “Circe” “San Quintín”
E como se sinalou con anterioridade, é a partir do ano 1865 cando se converte en Buque-Escola de gardas mariñas.
No Estado General de la Armada para el año 1868 aparece catalogada dentro dos apartado Buques de la Armada como «Buques exentos de clasificación», co numeral 148, nomee Corveta Villa de Bilbao (escola de gardas mariñas), 18 canóns, data de construción 1845, Comandante o Capitán de fragata D. Antonio Franco e Lago, data en que cumpren 24 de maio de 1869.
No mesmo Estado General arriba citado aparecen outros apartados referidos a: relación de soldos anuais de todos os membros da Armada; libros e instrumentos que deben ter os xefes, oficiais ou gardas mariñas da armada; e tamén un apartado exclusivo sobre os Gardas mariñas.
Tamén no documento Composición de la Armada en el año 1877 recóllese de novo este navío nos apartado Buques exentos de clasificación pertencente á escola de mariñeiría, sendo o seu comandante D. Manuel Pasquín e de Juan.
No Estado General de la Armada para el año 1879 está catalogada dentro dos apartado Buques da Armada como Buque-Escola co numeral 82, nome Villa de Bilbao, ano de construción 1847, sendo o seu Comandante o Capitán de fragata D. Antonio da Rocha e Aranda.
No mesmo Estado General de la Armada correspondiente al año 1882 segue aparecendo como buque de vela, numeral 82, nome Villa de Bilbao (Corveta-escola de marineria), 20 canóns, data de construción 1845, e Comandante o Capitán de fragata D. Indalecio Nuñez Zuloaga (1835-1896).
Apuntar tamén que no Estado General de la Armada del año 1885 consta como buque a vela, numeral 71, nome Villa de Bilbao (Corveta-escola de aprendices mariñeiros), con 20 canóns, construída no ano 1845 e ao mando do Tenente de navio de 1ª clase D. Julián Garcia de la Vega.
Así mesmo resulta de interese o amplo e ilustrativo artigo Algo sobre escuelas de marineros voluntarios da revista La
Vida Marítima na súa edición do día 10 de abril de 1902, no cal ademais aparecen dúas imaxes do buque e un estudo sobre 200 mozos que cursaron os seus estudos na «Vila de Bilbao» no ano 1897.
Fragata de hélice con casco de madeira CARMEN
Tiña unhas medidas de 70 metros de eslora, 14 metros de
manga e 7 metros de puntal. Sería construida en Cartaxena no ano 1859 e a súa botadura foi o día 4 de outubro de 1861.
O seu desprazamento era de 3.115 toneladas e dispoñía dun calado de 6,50 metros, cun motor de 600 cabalos que chegaba a alcanzar unha velocidade de 13 nós. Estaba armada con 20 canóns de 20 centímetros, 3 canóns de 16 centímetros, 6 canóns de 16 centímetros raiados e 4 canóns de bronce; a súa dotación era de 500 homes. Causaría baixa na Armada no ano 1893 transcorridos 34 anos desde a súa construción, sendo ao fin despezada no ano 1897. Da súa actividade militar apuntamos os seguintes datos:
Entra en servizo en ano 1862 incorporándose á Escuadra de instrución permanecendo nesta misión ata o día 12 de xuño, desprazándose logo ao arsenal de La Carraca para reparacións. O seu comandante era o Capitán de navío D. Rafael Ramos Izquierdo y Villavicencio.
Foi destinada ao apostadero da Habana durante a Guerra do Pacífico, e ao seu regreso a Ferrol sometéuselle a un gran carenado no devandito Arsenal.
En xullo do ano 1873 fixo a súa saída de Ferrol cara a Cádiz ao estalar a revolución cantonal.
En agosto dese mesmo ano participa con outras forzas no bloqueo do mar Mediterráneo despois de partir desde Cádiz. Atopábase ao mando do contraalmirante D. Miguel Lobo Malagamba (1821-1876).
Tamén no día 11 de agosto de 1873 toma parte no combate naval de Portman.
Logo sería destinada ás Illas Filipinas, participando no ano1876 na expedición a Joló, sendo o seu comandante o capitán de navío D. Manuel Carballo e Goyos (1829-1883). En abril volve a Manila e regresa a España en marzo do ano 1878.
Pasa a converterse en Buque-Escola de gardas mariñas no ano 1880 por unha Real Orde do 10 de agosto.
Participou en agosto de 1881 con outros buques, como escolta da fragata Sagunto na que viaxaban por augas de Galicia os reis Alfonso XII e dona María Cristina, chegando o día 12 a Ferrol a Comitiva Real para a posta da quilla dos cruceiros blindados «Reina Cristina» e «Alfonso XII».
No ano 1882 desprázase coa fragata Zaragoza á zona de Exipto para defensa de intereses nacionais na Canle de Suez como paso estratéxico cara ás Illas Filipinas.
Con outras tres fragatas acompaña no ano 1883 ao Príncipe herdeiro alemán que viaxa a Valencia.
En 1884 formando parte da Escuadra de instrución (5 fragatas, 1 cruceiro, 1 goleta, 1 remolcador, e 1 corveta) escoltan aos reis na súa travesía de Xixón a Ferrol.
Xa no ano 1886 é substituída como Escola de gardas mariñas pola Fragata Branca. Será dada de baixa na Armada no ano 1893 (sendo remolcada ata A Cabana polo vapor a paletas Hércules o día 29 de xuño de 1894) e logo vendida para despezamento no ano 1897.
No Documento Estado Xeral da Armada para o ano 1868 consta inscrita nos apartado Buques da Armada como: fragatas de hélice, numeral 20, nome Carmen, canóns 41, cabalos 600, data de construción 1861, Comandante o Capitán de navío D. Jacobo Oreiro y Villavicencio, data 1869.
No mesmo Estado General referido al año 1874 aparece incluída como fragata de hélice, numeral 26, nome Carmen, con 41 canóns, 600 cabalos, construída en 1861 e ao mando do Capitán de navío D. Manuel Carballo y Goyos.
Segue aparecendo no Documento Composición de la Armada para el año 1877, no apartado de fragatas de hélice, sendo nestes momentos o seu comandante o capitán de fragata D. Antonio Solloso e Prado.
No Estado General de la Armada para el año 1879 figura como fragata de madeira de 2ª clase, numeral 22, nome Carmen, canóns 25, cabalos 600, ano de construción 1861 e o seu Comandante o Capitán de navío D. Ricardo Garcia y Calvo.
Tamén no Estado General de la Armada para el año 1882 aparece incluída, pero neste caso como Escola de Gardas mariñas: fragata de madeira de 2ª clase, numeral 22, nome Carmen (escola de gardas mariñas), 4 canóns, potencia 600 cabalos, construída en 1861, mandada polo xa citado Capitán de navío D. Ricardo García Calvo.
Apuntar que así mesmo aparece no Estado Xeral da Armada para o ano 1885 como: fragata de madeira 2ª clase, numeral 28, nomee Carmen, 25 canóns, 600 cabalos, construción en 1861 e como Comandante figura o Capitán de navío D. Eduardo Guerra e Duran.
Vapor-Remolcador de rodas con casco de ferro FERROLANO
As súas dimensións eran de 39 metros de eslora, 7 metros demanga, 3 metros de puntal, e 3 metros de calado. A súa dotación era de 55 mariñeiros.
Foi construído nos Estados Unidos e no ano de 1860 foi comprado en New York por España para ser destinado como remolcador da Armada (como curiosidade dicir que o seu custo foi case de 400.000 pesetas). A súa potencia era de 100 cabalos e podía alcanzar unha velocidade de 9 nós. Sería dado de baixa no ano 1888 e vendido para o seu despezamento no ano 1897.
No referido aos seus servizos militares para a Armada española destacamos algúns datos históricos:
No ano 1860 participa na Guerra de África ao mando do Tenente de navío D. Cesáreo Fernández Duro (1840-1908).
No ano 1873 intervén na ría de Bilbao durante a Guerra Carlista. Para estas operacións militares dótaselle do armamento de 2 canóns raiados de 12 centímetros. Regresa a Santander ao abandonar Bilbao, por esgotarse as municións. Durante este período da Guerra Carlista foron os seus Comandantes os Tenentes de navío D. Guillermo Lobé y Lobé, D. Narciso Rodríguez Lagunilla (1846-1908) e D. Dionisio Soa y Tejada.
No ano 1874 incorpórase ás Forzas Navais do Norte participando en bombardeos de tropas inimigas e de apoio ás tropas propias ata o ano 1876.
No ano 1765 sufriu serias avirías ao ser alcanzado polas granadas das forzas carlistas en Motrico (Guipúscoa)
Tamén en 1876 incorpórase a unha División naval con destino ao porto francés de San Juan de Luz para traer a Santander a Raíña Nai Isabel II que estaba exiliada en Francia desde o ano 1868.
No Estado General de la Armada para el año 1879 figura como Buque de 1ª clase de rodas, numeral 126, nome Ferrolano, 1 canón, sendo o seu comandante o Tenente de navío de 1ª clase D. José Calderón y Abril.
Tamén aparece no Estado General de la Armada del año 1882 do modo seguinte: Goletas e vapores, numeral 126, nome Ferrolano, 1 canón, potencia 100 cabalos, ano de construción 1860, ao mando do Tenente de navío de 1ª clase D. Leopoldo Boado y Montes (1844-1932).
Así mesmo o Estado General de la Armada del año 1885 detállao como segue: Goletas e vapores, numeral 95, nome Ferrolán, 2 canóns, 100 cabalos, construído en 1855, e Comandante o Tenente de navío D. Ramón Piñeiro y Martínez.