DOSSIER MEIRÁS. PRESENTACIÓN

 Carlos Babío Urkidi – Manuel Pérez Lorenzo – Coordenadores.

PRESENTACIÓN

A Coruña, 1938. Representantes das
elites da cidade deciden agasallar ao Xefe do Estado co Pazo de Meir
ás. A Coruña, 2020. Un xulgado decide que o
Pazo de Meir
ás é propiedade do Estado. Entre
medias,un longo cami
ño de abusos, humillacións, irregularidades, represións, fastos, reformas, multitudes, reivindicacións, provocacións. Veciñas e veciños privados do seu medio de
vida. Meir
ás convertido en capital estival da España franquista. Un ditador que morre de vello sen soltar o
tem
ón. Unha familia que herda, para o seu goce
particular, a residencia oficial de ver
án do Xefe do Estado, en virtude
dunha escritura de compravenda fraudulenta. Persoas e colectivos que se resisten
aque isto sexa as
í. Unha sentenza que lles dá a razón. O futuro.

A comezos de
setembro co
ñecíase esa decisión do Xulgado de Primeira Instancia nº
1 de A Coru
ña pola que a familia Franco deberá devolver o Pazo de Meirás. Malia
ser recorrible e, polo tanto, non termos chegado a
índa á fin do camiño, si representa a culminación dun longo proceso. A xustiza, valéndose dunha ampla base documental e tendo en conta un
contexto hist
órico determinante para valorar os feitos, dá a razón, en primeira instancia, ás persoas que entendían que as vellas torres de Emilia
Pardo Baz
án non podían ser
propiedade dos herdeiros do ditador. 

Foron varias décadas de
reivindicaci
ón nas que se conseguiu ir sumando actores,
conciliar vontades, xerar consensos en base a unha realidade hist
órica que cada día era máis difícil de negar. Un traballo
colectivo participado por moitas persoas, organizaci
óns e institucións, ao que dedicamos deste
dossier, como espazo para a revisi
ón do acontecido e para a reflexión acerca do porvir. Para iso contamos con algunhas das voces
que resultaron determinantes neste proceso. Representantes pol
íticos que, por vez primeira, trasladaron a reclamación de Meirás ao ámbito institucional; colectivos que axudaron a xerar
conciencia social e a avivar o debate; achegas do mundo acad
émico, nos campos da historia e do dereito, chaves no
recente proceso xudicial

Deixámosvos coas súas palabras e cun aire de
futuro. Cun vento que refresca estancias moitos anos sen ventilar.


CARLOS BABÍO URKIDI1 | MANUEL PÉREZ
LORENZO
2

1Investigador
e activista |
2Historiador, co-redactor dos informes sobre
Pazo de Meirás elaborados por encargo do Parlamento
galego e da 
Deputación da Coruña. Autores de Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *