UN POEMA DE MIGUEL MOSQUERA

Miguel Mosquera García

Maldita está a soidade desta miseria

as rás cantan un rorró asediante
mergulladas no caldo atafegante
onde reinan a paixón e a histeria
Ás ras quéncenlles as ancas tesas
cando cantan os salmos no convento
compadecendo de Cristo, o lamento
pagan cotas por ser, de fe, salesas
Levitan os sapos a testa enriba da dor
tentan choutar no baleiro imperioso
abalando, os dedos sen unllas no baleiro chantan
Ao procurar a saída pechada, evitando o fervor
dun nauseabundo túnel, fedorento e aftoso
de metano incendiable como a Semana Santa



Debuxo orixinal de Miguel Mosquera García

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *