RICARDO FLORES PÉREZ (Sada, 1903-Bos Aires, 2002),
á súa faceta de dramaturgo sumou a de recompilador de lírica e música popular galega. As seguintes cuartillas mecanográficas corresponden a un guión elaborado por el para presentar ao Coro do Centro Galego de Bos Aires nunha actuación ante público arxentino. Forman parte dos materiais cedidos por José Martínez-Romero e Pilar Jeremías á A. C. Irmáns Suárez Picallo.