Oficialmente foi o famoso pintor grego Parrasio quen inventou a pornografía, un artefacto que criamos sofisticado e inherente ó capitalismo. Para nada. As primeiras representacións gráficas obscenas nacen á vez que as primitivas mostras artísticas humanas. Toscas pero sumamente didácticas. As pirolas e as conas paleolíticas están aí para quen as queira ver. Non todo son bisontes, orantes e símbolos máis ou menos trascendentes. En absoluto.
As Venus prehistóricas de Willendörf ou Dolní Dolní Věstonice representan deusas prístinas da fertilidade, os fetiches máis antigos dos que temos constancia. Son mulleres repoludas con inmensas ubres, conectadas con esa sociedade matriarcal tan reivindicada polos colectivos feministas na actualidade. Peitos pantagruélicos que amamantan, mulleres grosas que dan a vida, que acollen a semente da existencia no seu seo. Esa imaxe atávica da muller máxica, a gran Deusa Nai, vai indivisiblemente unida á creación moderna da palla cubana. Nas covas prehistóricas hai coitos imposibles, mulleres cos peitos xigantescos, orxías e toda unha serie de representacións lascivas tan antigas coma o propio home. Din que está todo inventado. E ás veces dá vértigo comprobar que é así.
O que hoxe a ciencia oficial denomina parafilias sexuais son prácticas igualmente antigas. Tamén na arte paleolítica atopamos escenas de zoofilia, necrofilia, coprofilia, emotofilia e un interminable etcétera, algunhas mesmo non engadidas á lista actual de prácticas sexuais consideradas desviadas. Nas cerámicas eróticas dos moches peruanos e nas estatuas dos templos hindúes achamos moitas recreacións sexuais aínda inéditas na sociedade actual. No antigo Exipto o incesto e a poligamia eran prácticas ordinarias, as felatrices romanas eran prostitutas especializadas no sexo oral, a necrofilia era aceptada entre os embalsamadores exipcios, os gregos practicaban a pederastia con total normalidade, a Biblia recolle a idoneidade de derramar seme sobre as lentellas para dar vigor sexual e o bukkake naceu en Xapón no século VII como castigo para as mulleres adúlteras.
Non se trata agora de xulgar se as múltiples posibilidades que ofrece a sexualidade humana serían ou non enfermidades. É ben sabido que son os criterios culturais do momento os que aproban ou demonizan as curiosas formas que a sexualidade adopta. Ata hai ben pouco a Igrexa católica aceptaba que o día de Pascua se celebrase o Risus Paschalis, un ritual de orxías e masturbación dentro do propio templo en Semana Santa. O crego comezaba a masturbarse fronte ós fieis, que entoando cantos obscenos remataban a celebración nunha auténtica bacanal. De novo estariamos ante unha herdanza pagana, un sincretismo sexual das festas dos Gefirismos da Antiga Grecia, que marcaban a chegada da primavera.
As filias sexuais foron hábitos máis ben ordinarios antes de pasar a ser consideradas enfermidades macabras. A implantación de tabúes co xurdimento das primeiras sociedades humanas organizadas supuxo unha prístina regulación das actividades sexuais. A primeira consecuencia foi a diferenciación de roles segundo o xénero. O impacto das relixións na sexualidade trouxo consigo a ordenación das prácticas sensuais. Tratábase de manter certa orde social desde os estamentos superiores.
O influxo do cristianismo e o seu terrible corpus de pecados segue aínda vixente, reprimindo a moitas persoas nos países occidentais. Pero a tentativa de erradicación de moitas prácticas eróticas -tan apetecibles- do paganismo polo cristianismo redundou, por contra, no aumento de todo un amplísimo espectro de aberracións pecaminosas. Na Idade Media, a Igrexa católica aceptou coa praxis do adelfo-poiesis as bodas entre homes do mesmo sexo moito antes da aparición do concepto de homosexualidade. Creáronse centos de sincretismos sexuais. Isto é o que fai que hoxe teñamos consideración positiva ou negativa de certas labores que realizamos baixo as sábanas… ou en calquera outro lugar.
Non podemos xulgar os asasinatos, as crenzas, os sacrificios humanos, as ideas ou a querela dos universais cos ollos do século XXI. Non debemos nin sequera tentar entendelo porque é imposible. E o mesmo ocorre coa sexualidade. Nos alicerces da nosa civilización grecorromana hai sexo escabroso e perturbador a esgalla para o ser humano actual. O mesmísimo Tiberio gozaba violando nenos na súa piscina, ós que chamaba os seus «peixiños» por como lle practicaban sexo oral coas súas bocas aínda sen dentes. O emperador romano, quizais o pervertido máis famoso da historia, ademais de practicar a pederastia instaurou unha perturbadora academia de pornografía no seu retiro de Capri, onde torturaba e asasinaba impunemente. Calígula, o seu neto e sucesor, levou aínda máis lonxe as aberracións sexuais e os homicidios ata pasar á posteridade como un monstro perturbado.
Pero si hai unha práctica estrañamente recente esa é a cubana ou palla cubana. Trátase dun coito intermamario. O home sitúa o seu pene entre os peitos da muller e vaise refregando con eles ata exacular. Esta práctica está documentada a finais do século XVII cando, tras o Renacemento, o corpo humano volve a ser o centro do universo e toda a forza creativa recae na súa nueza e voluptuosidade. Atopamos multitude de grabados obscenos con representacións desta destreza masturbatoria. O desenvolvemento da imprenta foi crucial neste sentido. Estas imaxes remiten a cando o ideal de beleza feminino eran mulleres voluptuosas de grandes tetas. As Grazas de Rubens son unha boa mostra. E é que para unha boa cubana o ideal é que o busto da muller sexa o máis xeneroso posible. Pero a súa invención foi antes, no século XVI, coa conquista española de Cuba a partires de 1511.
Palla cubana ou cubana é o nome que se lle dá en España a esta destreza, que naceu durante a presenza española en Cuba. Probablemente as prostitutas desa illa teñan a honra de seren as inventoras desta técnica. Cando a colonia se independizou a partires de 1898, tanto a práctica coma o termo chegaron a España. Perdemos Cuba pero gañamos a palla cubana. As mulleres hispanas comezaron entón a empregar esta técnica, que co paso dos anos se foi espallando por Europa. Despois a palla cubana comezou a viaxar por todo o mundo. É por iso que franceses, italianos, portugueses, cubanos, alemáns, británicos ou brasileños denominan española ou palla española a este tipo de masturbación.
En Hispanoamérica, dependendo do país, a palla cubana recibe a denominación de palla rusa, francesa, americana, sueca ou turca. Isto débese á imaxe tópica que os homes destas latitudes teñen das mulleres deses países, e sobre todo dos seus xigantescos peitos. Pero hai un antecedente histórico. No século XVI, o sultán turco Solimán namorou perdidamente da esclava Roxelana, unha doncela pelirroxa das concubinas do harén. O sultán declarou libre a esta fermosa muller, algo insólito nos anais da dinastía otomana. Logo casou con ela e nomeouna a súa conselleira en cuestións políticas, adquirindo o rango de raíña. A lenda popular di que Roxelana tiña dúas boas razóns que fixeron tolear a Solimán e a converteron en pioneira da palla intermamaria.
O interesante é que a palla cubana é a única aportación totalmente novidosa do home moderno á sexualidade. Non aparece recollida no Il Modi, corpus erótico renacentista que recollía as dezaséis posturas para practicar sexo do momento. A cubana tampouco está nese compendio de modalidades e posturas sexuais que é o famoso Kamasutra hindú nin noutros artefactos similares. Nin sequera aparece recollida antes do século XVII no maior fondo biliográfico de obras obscenas do mundo, o departamento denominado O Inferno da Biblioteca Nacional de Francia.
O coito intermamario supón un retorno psicolóxico ás orixes da propia Humanidade. Ten ademais moito que ver coa explicación antropolóxica da nosa propia evolución como especie. Os seres humanos pasamos de copular como animais a facelo fronte a fronte cando comezamos a ser bípedos. Os bonovos tamén o fan, iso é certo, pero máis por unha cuestión de comodidade anatómica que pola busca de pracer. Cando o Homo Sapiens se puxo de pé acadou un novo estadio. A frontalidade cambiou toda a nosa existencia. No momento de erguernos comezamos a inxerir proteínas como nunca antes o fixeramos. Pasamos a ser o depredador máximo. O noso cerebro aumentou notablemente a súa capacidade. O camiño cara o Homo Novus quedou trazado.
A atracción primitiva e animal cara os cuartos traseiros das femias foise quedando atrás, na parte máis primitiva e reptiliana do cerebro dos machos, no Complexo R. A devandita frontalidade, entre outras cousas, provocou que as femias tivesen que desenvolver un novo traseiro na súa zona frontal, imitando un suxerente cu. Que son os peitos da muller senón un cu evolucionado, un cu superior, un cebo sexual en forma de turxente e bamboleante cu? Pero un cu moderno, mellorado, un cu do mundo futuro, de mulleres máis evolucionadas. Os machos máis primitivos séntense máis atraídos polos traseiros das femias, mentres que os que se atopan nun estadio evolutivo superior senten maior querencia polos peitos das mulleres.
O Homo Sapiens adoptou un mecanismo de autoprotección asombroso. Pasamos a ser o único animal que sempre está en celo. A seguinte fase evolutiva parece camiñar cara un escenario onde aqueles varóns atraidos polos peitos femininos terán maior éxito na carreira evolutiva. A filoxénese explica que a selección natural actúa sobre o máis apto, o que logra adaptarse ós cambios. Na sociedade asexuada e pansexual cara a que camiñamos, a reproducción deixará de ter sentido. É bastante previsible que nun futuro máis ben próximo se aplicará unha férrea euxenesia gubernamental. A nosa especie semella intuilo, por iso algúns machos senten un irrefrenable desexo por refregar o seu pene sobre os peitos dunha muller e derramar a súa semente sobre eles. Nese impulso subxace, en último termo, toda esperanza humana. O noso latexo animal, primitivo, do abxecto primate do que descendemos, desaparecerá definitivamente dos rasgos do Homo Novus. A palla cubana é o derradeiro reduto que lle queda á Humanidade para tentar mellorar.
Imaxe que acompaña o texto: Venus de Dolní Věstonice
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Vestonicka_venuse.jpg
bibliogrAFÍA
Avial, L. (2018). Breve historia de la vida cotidiana en el Imperio Romano. Nowtilus.
Quingard, P. (2014). El sexo y el espanto. Minúscula.
Martos, A. (2020). Historia medieval del sexo y el erotismo. Casa del libro.
Bohannan, P. (2002). Para raros, nosotros. Akal.
Roudinesco, E. (2017). Nuestro lado oscuro. Anagrama.