EMIGRACIÓN

Xacobe Anido Castro

Un día, cando fun visitar o meu bisavó, fomos a unha cafetería que ficaba por alí. Sentamos, el pediu un café e eu un zume de ananás cando lle preguntei que a que idade marchou a Suíza. Foi entón cando comezou a falar da súa emigración.

Todo comezou na época de cando o meu bisavó tiña vinte e cinco anos. El vivía nunha aldea de aquí, de Galicia, chamada Beseño, coa súa muller. Non tiñan moitos cartos e por aquela época, tampouco había moito traballo. O meu bisavó, sen diñeiro e sen traballo, tivo que emigrar a Suíza. Primeiro foi de Beseño a Coruña para amañar os papeis para poder emigrar, pero para poder irse tiña que ter xa un traballo alí en Suíza. Entón traballou nunha granxa 18 horas do día durante seis meses. Cando conseguiu máis diñeiro volveu á súa casa en Galicia para ver como estaban as cousas. Estivo aquí unha boa temporada cando tivo que volver a Suíza, pero esta vez coa súa muller. El, esta vez, traballou nunha fábrica de pezas mecánicas e a miña bisavoa nun hospital. Entre os dous gañaron tanto diñeiro que non tiveron que volver a emigrar porque, tamén, estiveron alí 15 anos. Volveron a Beseño, coa súa filla, e tiveron unha gran oportunidade de comprar na Coruña un bar de tapas. Aceptaron a oportunidade e compraron un piso alí. Neste piso viviron case o resto da súa vida xuntos servindo comidas ata que se tiveron que xubilar.

 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *