DÍPTICO PARA DON RICARDO CARVALHO CALERO

Xoán Xosé Fernández Abella


(I) SONETO EN LOOR DO EXIMIO
DON RICARDO CARBALLO CALERO

Alta honra de Ferrol e de Galiza,
enteiramente ás mesmas consagrado,
estudioso incansable, namorado
da Beleza, a Verdade e a Xustiza. 


Túa entrega foi total sempre na liza

polo traballo serio e ben logrado,
un traballo profundo e artellado,
que gran sabedoría patentiza.

Eu canto aquí un cume da Cultura,
catedrático impar, poeta inmenso,
sabio da Lingua e da Literatura.

Dramaturgo, ensaísta de fondura
e de Galiza defensor intenso.
Chegue ata ti miña loanza pura.

20 de Xullo do 2.014

 II) A DON RICARDO CARBALLO CALERO,
«LETRAS GALEGAS 2020», POR FIN!

Por fin chegou o Día! Xa era hora
para facer xustiza á túa memoria,
exemplo de honradez na nosa Historia,
alma da nosa esencia defensora!

Péchense coa verdade as feridas.
E iso hase acadar coa Democracia.
Pensar que así non é, unha falacia.
De paz encha a verdade as nosas vidas.

Volvo cantar «un cume da Cultura,
catedrático impar, poeta inmenso,
sabio da lingua e da Literatura.

Dramaturgo, ensaísta de fondura,
e de Galiza defensor intenso.»
Volvo brindarche a admiración máis pura.

Os Tilos, 21/Xaneiro/2020

LETRAS GALEGAS 2020 | CARVALHO CALERO

 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *