AS RECOMENDACIÓNS DE SERGIO MODIA

CINE  

Brazil (1985)

Director: Terry Gilliam

Ciencia ficción/Cine Dramático

Brazil é unha película ambientada nun mundo distópico, onde goberna un único poder. A cinta ten toques de humor ao Monty Python, as veces absurdos, pero que son claves no desenvolvemento do filme e axuda a comprender a natureza do mesmo. Brazil e unha obra única, un clásico pouco coñecido do cine.

 


Moon (2009)

Director: Duncan Jones

Ciencia Ficción

Dirixida polo fillo do cantante David Bowie. Tres anos nunha base espacial dan para encontrarse cos fantasmas persoais de cada unhx. Nada máis lonxe da realidade. Sam, que así se chama o noso protagonista, vai descubrir que o seu papel na base é algo para o que non está preparado. Fantástica cinta que mantén ao espectador postrado no sillón durante o transcurso da película. 

Melancholia (2011)

Director: Lars Von Trier

Drama

Melancholia é un filme lento, espeso e marabilloso, dunhas 2 horas e media de duración. A fotografía é de dez e cóntanos unha historia ligada ás anticipacións e as relacións persoais en situacións extremas. O planeta Melancholia atopábase detrás do sol, cando a súa traxectoria indicaba o paso próximo ao planeta terra, as tornas cambian de súpeto. O director xa conta o final da película no seu tráiler, xa que a verdadeira intención é a viaxe de vela e sentila.

 DOCUMENTAL

When You’re Strange (2009)

Director: Tom DiCillo

Documental moi recomendado sobre a vida e obra do grupo musical «The Doors». O director percorre a verdadeira esencia da banda, dando unha visión totalmente contraria á contada, no seu día, polo director Oliver Stone na súa cinta «The Doors» dos anos 90: unha historia non avalada polos membros do grupo que suscitou unha gran avalancha de queixas polo contido, distorsionado, da realidade.

 

Complicated Women (2008)

Director: Hugh Munro Neely – Baseado nun libro de M. Lasalle

Documental sobre un período do cinema descoñecido no territorio europeo, pero que foi chave no crecemento e desenvolvemento das mulleres na industria do celuloide americano, entre os anos 1929 e 1934. Refírese a unha etapa coñecida como «Cine Pre Code», onde o cine pasou a súa etapa de ouro, onde os censores non podían facer das súas, convertendo a Hollywood na terra prometida da diversión e a liberdade.


MÚSICA

Death In Vegas: Scorpio Rising (2002)

Para min é o mellor disco editado no principio do século XXI. Mestura varios estilos musicais tales como psicodelia, rock, pop e con toques electrónicos. Colabora no disco un dos irmáns Gallagher, dándolle o punto BritPop que completa esta obra mestra.

 



Massive Attack: Mezzanine (1998)

A coñecida banda británica Massive Attack lanzou a finais dos anos 90 o seu mellor álbum, o Mezzanine. Una fermosa viaxe para os sentidos, nun harmonioso Trip-Hop moi relaxado e sinxelo, pero con poderoso interior. Creo que este disco é a mellor composición que escoitei na miña vida, é moito dicir, pero marcoume profundamente.

 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *