A IMAXE COMENTADA POR MEMORIA DE SADA

Memoria de Sada

A imaxe recolle unha antiga procesión de Venres Santo, de en torno ao ano 1930, avanzando pola a avenida Barrié de la Maza xusto antes de chegar á praza de San Roque. A procesión vén da igrexa parroquial de Sada de Arriba. É noite, a xente leva candeas acendidas e despois de percorrer as rúas do pobo retornará ao templo.

O xardín da esquerda corresponde co edificio do actual Banco Pastor. A continuación, unha serie de casas de idéntica factura, coas súas dúas galerías, propiedade, co xardín, da familia López Vidal. Nelas estaba emprazado o salón e cine Royalty, coincidindo coa primeira das galerías. A última, cun andar máis, consérvase aínda e corresponde na actualidade co restaurante El sabor extremeño. Na marxe dereita están as casas de Barros, das que quedan en pé as dúas últimas. Séguenlle, as casas das familias Castro Dans, Romay Vila e Sanjurjo.


Esta e moitas fotografías máis en
memoriadesada.com

 

Vista actual

 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *