A crise do coronavirus fai que atravesemos por momentos complicados para todos e todas, especialmente para sectores como o pequeno comercio ou a hostalería, que fan parte fundamental da economía de #Sada. Por iso, agradécense iniciativas tan oportunas coma Voltaremos, posta en marcha por varias persoas da nosa localidade para poñer a disposición da veciñanza bonos que se poden adquirir agora e consumir cando rematen as restriccións do confinamento. Deste xeito contribúese á supervivencia destes negocios.
Voltaremos! https://voltaremos.com/