O pasado xoves 5 de marzo quedou inaugurada a exposición “Espazos Republicanos”. No acto de presentación desta exposición, celebrouse unha charla-coloquio na Capela de San Roque que contou coas intervencións do Presidente da AC Irmáns Súarez Picallo Francisco A. Pita Fernández, o historiador Manuel Pérez Lorenzo, o secretario da CRMH da Coruña Manolo Pazos e do arquitecto e director da exposición Xose Lois Martínez.
Aquí podes escoitar as intervencións de todos eles:
Aquí podes escoitar as intervencións de todos eles:
Francisco A. Fernández Pita:
Manuel Pérez Lorenzo:
Manolo Pazos:
Xose Lois Martínez:
Manuel Pérez Lorenzo: Os anos 30 para Sada representan un momento de eclosión do asociacionismo de diversa índole: política, sindical, mutual… Tamén no ámbito da cultura e do ocio, coa aparición de entidades que programaban eventos nos que incorporaban ás clases populares como público. Abordarei estas iniciativas e os espazos ligados a elas.
Xosé Lois Martínez: Falou da idea e do espléndido labor colectivo dun grupo de xente mui diversa que ao preguntarse sobre a cidade ou a vila donde reside e na que traballa, trata de tomala como un texto dun libro no que cada época, cada xeneracion cada grupo social foi deixando marcas, pegadas coas que convivimos e polas que nos desplazamos nuns casos apropiándonos delas, noutros casos simplemente usándoas, ou tantas veces ignorándoas, pero sempre significándoas coa mirada do noso tempo.
Si aceptamos a idea da cidade como un texto aberto a interpretacions múltiples e a continuas reescrituras e resignificacions, ao xeito dun palimpsesto, poderiamos tratar de rescatar historias que presentes no seu interior, na sua condicion de transmisores de mensaxes de forte contido social, de compromiso cultural, de responsabilidade política por razons diversas permaneceron ocultas ou invisibilizadas aos ollos de moitas xeneracions dos seus habitantes.
Hai polo xeneral unha utilizacion do texto da cidade que hipervalorando determinadas partes ou elementos da misma a través dos que vai construindo miradas a través das que se ocultan outras capas e desaparecen outros elementos. Si os facemos emerxer e os visibilizamos con nitidez permítennos establecer unha RELACION PERSOÁL E COLECTIVA MAIS RICA, MAIS INTENSA, MAIS VIVA a través do urbano, na sua excepcional condicion de resultado dun proxecto común, de producto dun proxecto colectivo: nesa condicion profundamente “política”, de polis, a descuberta dalguns elementos permitenos aproximarnos non só a un tempo, sinon tamen a actores esquecidos, homes e mulleres cunha mirada singular, cunha vision do mundo propia coa que construiron pàxinas de gran relevancia capaces de facer que todo o TEXTO do libro da cidade mute de significado.
No seu inicio, hai nesa aproximacion, en moitos casos realizada de xeito intuitivo e fragmentario, unha simple búsqueda de “elementos” (ao xeito de sílabas, de palabras ailladas) nun proceso lento non exento de dificultades.
Mais esta fase vai permitirnos en etapas sucesivas identificar RELACIONS entre ELEMENTOS, establecer conexions, que relacionando entre sí PALABRAS ailladas acaban conformando FRASES, que alcanzan a constituirse en NOVOS RELATOS, en NOVAS HISTORIAS con significados reveladores de tempos, de actores, de cosmogonías ou visions do mundo.
Estas descubertas SON MATERIAIS DE PROXECTOS DE CIDADE que, dende o presente, nos permiten INTERACTUAR co pasado nunha millor posicion, nunha vision mais completa e ampla no reto vital de construir un PROXECTO INTEGRADOR DAS DIFERENCIAS.
Espazos republicanos, é nese sentido un intento de enlazar elementos aillados nun fío xenerador dun DISCURSO que partindo dunha mirada crítica nos habilite e nos poña en disposicion de participar a todos na construccion dun PROXECTO URBANO ALTERNATIVO que identifique e integre non só os obxectos, os artefactos, as “arquitecturas”, as formas urbanas, sinon tamen nos permita desvelar o IDEARIO QUE AS FIXERON POSIBLES e que nos permita comprender canto hai de MIRADA SOCIALMENTE COMPROMETIDA E CULTURALMENTE EXIXENTE en partes da cidade que recorremos, na cidade na que habitamos, e na que na nosa condicion de CIDADANS estamos obrigados de construir o PROXECTO DE CIDADE NOSO TEMPO, un tempo do que formamos parte.
Só a través dese compromiso poderemos facer efectivo o “dereito á cidade”.
Páxina web da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña