Miguel Mosquera García
En Ares non pares, en Redes non quedes, e en Camouco para pouco, tamén escoitei que os mugardeses… pero os ferrolanitos… Pois nas terras de Ferrol nace o 4 de decembro do ano 1892, Francisco Franco Bahamonde. O “Cerillito” ou Paquito, eran dous dos alcumes que este home tiña de neno.
Así pois o pai colleuno mal e fixo del, o que fixo. Comezando polo maltrato físico, até o psicolóxico e verbal, “marica”. E claro, digo eu, de familia católica hognómfona, e aínda por riba o pai chamáballe maricón de mal xeito por ter voz aguda e ser máis baixiño có resto, será por isto que fusilaron a Federico García Lorca? Directamente, Francisco Franco creceu no bullying (supoño que non pasaba nada neses anos), e foi maltratado na casa, será por isto que se meteu a militar e descargou o seu mal estado psicolóxico no pobo? E que non sei como explicalo. Como unha persoa pode pintar un harmónico cadro de flores, e á vez ser tan intolerante? será por isto que mataron ao marido da veciña da miña avoa por repartir propaganda antifranquista? E deu un golpe de estado, comezou a guerra civil, o exilio, as mortes, os fusilamentos por respirar. “Con Franco se vivía mejor, tenemos la seguridad social gracias a él”. Coa Santa Inquisición non existían os libros de mediciña, e a xente non enfermaba, morría. Un radical tolo e trastornado que tenta facer do seu pensamento a realidade obrigada onde non se pon o sol. Por Dios y por España. Dende o primeiro fusilado, vale máis un óso dun morto inocente, que todos os ósos de santo que tiña, e que a diferenza, seguen enriba da terra.