NUNCA MAN

Claudio Rodríguez Fer

A Manfred Gnadinger,
o alemán de Camelle,
morto durante a marea negra
que asolou Galicia en 2003.

Nunca Man, o alemán de Camelle,


sempre o puro ecoloxista sen familia e sen roupa,
sen arrimo e con algas, sen compaña e con algas,
sen destino e con algas, sen orixe e con algas,
sen amor e con algas, sen máis recoñecemento
que o do misterio do ceo sobre a arte da terra…



A marea humana limpará o museo

para sempre dos que o emporcaron,
para sempre dos que murmuraron,
para sempre dos que se burlaron,
para sempre dos que o humillaron,
para sempre dos que o golpearon,
para sempre dos que o mataron…


Nunca Man, o alemán de Camelle,
o Tolo da Vida na Costa da Morte,
sempre a súa Vida inoportuna,

nunca a súa oportuna Morte.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *