CREACIÓN

Mercedes Leobalde

ultimamente sempre lembro o que soño
tiro do fío do puzzle e reconstrúo


ás veces non estás
ás veces si
con labios diferentes
“queres facer o cisne?”
quero
querería
pero xa abrín os ollos e xa é día
laborable



a boca da mañá bocexa en túnel
e pasa      d e v a g a r      coma un outono


na radio de retorno está o Can Negro
que me leva ata ti
coma o sabor salobre das anchoas
coma Saturno      as fragas      a memoria das
noites


sostéñote acaríciote
compréndote entre os dedos


entro na casa soa
na casa azul sen escaleira ao ceo
contra os cristais
estrélanse os paxaros


Primeiro poema de Chamádeme Eva, ed. Caldeirón

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *