DE CANGAS A SADA
Manuel Suárez de Concha
Terriña de verdes campos
terriña de iaugas craras
terriña de castros tantos
terriña d’estelas douradas
Polos teus castros abaixo
camiñando pola veiga
por camiños e refaixos
dunhas corredoiras vellas
Veño eu a pasiño amodo
antros toxos e as silveiras
por carreiriños de croios
por antre as chousas e as leiras
Días de sol e de iauga
noites de lúa e xiada
polos camiños baixando
veño de Cangas a Sada
Poesía escrita por Manuel Suárez de Concha no ano 1969 e dedicada ao camiño que facía todos os días.
Ilustrada polo seu fillo David Suárez “Geppe” no ano 2019