BATEA. CONTO EN 200 PALABRAS

José Martínez-Romero Gandos
Xan e máis eu fuximos da casa diante da posibilidade de recibir unha malleira. Aínda que, xa mozo, eu nunca saíra da nosa aldea da Terra Cha luguesa. Decidimos coller o bus con destino ningures. Chegamos á ría e miramos cara o mar. Nunca vira unha batea. Miña avoa chamáballe así á maseira onde miña nai amasaba o pan. O avó, que andara na mar cando mozo, dicía que as bateas eran barcas parecidas ás gamelas. Véndoas semellábanme balsas que aboiaban na ría logo que o furacán botara ó mar a aqueles sobreviventes arriscados que usaran delas para chegar á nosa terra. A arte do demo impediulles a eses barís ártabros a supervivencia, quitándolles o último alento. De súpeto, vin un home enriba dunha delas. A batea estaba lonxe da costa mais víase ben que o home trafegaba alí movendo algo semellante a un goxo. ¡Meigas fóra! Berrei, ben alto certo na idea de que aquel home, alí na batea, fora enmeigado polo encantamento maligno dunha bruxa que fixera un pauto co demo.

Ti toleas! –díxome Xan– O sol e a fame trastornáronche. Vén! que alí nesa taberna poñen uns mexillóns de batea que eliminarán o teu pasmo.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *