A CARLOS GARCÍA MARTÍNEZ

“VARÓN ILUSTRE, NOBRE, HUMILDE E SAPIENTÍSIMO”, SEGUNDO DIXO EL DE FRAGUAS, E QUE MARÍA XOSÉ FERNÁNDEZ CERVIÑO O APLICA A CARLOS, CALIFICANDOA SÚA PERSONALIDADE DE “AMAZÓNICA”
Xoán Xosé Fernández Abella
Moi sabio, ilustre e nobre. Humilde. Meu amigo,
no corazón eu teño teu exemplo ancorado,
pois foi a túa amizade tesouro regalado
e a miña admiración sempre estará contigo.

Teu berce foi Santiago; teu grande amor, Galiza.
No aquén, Premio Trasalba; no alén, Pedrón de Ouro.
Cofundache o Museo, para ti gran tesouro.
E o esencial da cultura galega, na túa liza.

Eu son un simple socio que admira a túa grandeza,
como admiro a grandeza do Museo do Pobo
consagrado a Galiza, á súa esencia e riqueza.

Por iso, humildemente, neste soneto trobo
túa persoa e Museo, exemplos de firmeza
no amor á nosa Terra. E o meu amor renovo
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *