Nova Troula

Os pobos que teñen, como Galicia, unha sensibilidade lírica tradicional que lle dá a súa paisaxe, o seu clima e a inxel humanidade das súas xentes, exprésano así, en música e en cántigas. Ramón Suárez Picallo (Sada, 1894-Buenos Aires, 1964) Nova Troula actuando no Festival Camiño do Verán   Nova Troula nace en Sada no ano 2016…

Ler máis

ALÉN DA DECADA PRODIXIOSA

Manuel Lugrís Rodríguez Cartaz do primeiro festival de Woodstock Hai cincuenta anos. Trifrase que se repite coma eco viral nestes días de barafunda política e ignorancia xesticulante, inzados de aniversarios medioseculares que nos retrotraen a efemérides que xa forman parte da iconografía universal do noso devir individual e colectivo neste cohabitar de resón final dunha época ou, mesmo, dun tempo que a…

Ler máis

OS VAPORES QUE NOS SALVARON

Iago Santalla O buque Sinaia chegando a México con exiliados españois en xuño de 1939   https://www.gob.mx/ Ultimamente a demagoxia xenófoba está moi en boga. Ten medios de comunicación moi poderosos ao seu dispor e iso significa impoñer doutrina e sentar cátedra, aínda cando o que se di deriva dun odio case ancestral. Ese odio vísteno de valentía: eles din o…

Ler máis

ACHEGA DOCUMENTAL AO ESTUDO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DO ARCIPRESTADO DE CERVEIRO. AS PARROQUIAS DE VEIGUE, OSEDO, MOSTEIRÓN E SADA

Sandra Fernández Fernández A capela de San Roque antes da súa remodelación O Arciprestado de Cerveiro está situado ao noroeste da provincia da Coruña. É dicir, no Golfo Ártabro, que se estende desde a Serra da Capelada, ao norte da provincia da Coruña, até a península de Caión, no concello de Arteixo. Neste Arciprestado únense dúas zonas importantes para a historia…

Ler máis

A pegada do modernismo en Sada

Laura Rodríguez Pena Interior da Terraza.   Fotografía de Marisa Naveiro   Con Art Nouveau, Modern Style, Sezession, Jugendstil, Liberty, Floreale ou baixo a denominación de Modernismo faise referencia ao último gran estilo da tradición decimonónica. O primeiro movemento arquitectónico moderno, representativo dunha sociedade en transición que demanda un novo estilo acorde aos novos tempos.

Ler máis

HISTORIAS REAIS EN SADA DO MAR E DA TERRA POR UN NENO MOI OCUPADO NA DÉCADA DOS ANOS 50 (II)

X. Farruco Fernández Rivas Vista de Sada a mediados do século XX. Memoria de Sada OS BARCOS DE ARRASTRE Outras artes de pesca eran os barcos do arrastre. Entre eles o bou de arrastre por popa recorrendo a ría, e a modalidade do “trabuquete”, que era o arrastre e “raer” dende a propia embarcación despois de cercar a remos un…

Ler máis

ASOCIACIONISMO CULTURAL E RECREATIVO EN SADA NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX (V)

Manuel Pérez Lorenzo Vista da Praza de San Roque. Na segunda casa pola dereita estaba emprazado o local do Ateneo de Cultura Política y Social.    Memoria de Sada O ATENEO DE CULTURA POLÍTICA Y SOCIAL, UN ESPAZO DE CONVERXENCIA DA ESQUERDA Na Sada de 1935, a oferta cultural e recreativa, encabezada pola Sociedad Artística Sadense, era ampla e…

Ler máis

AS AVES INVERNAIS DA PRAIA

Antonio Sandoval Rey Lavanco.  Ilustración de Calros Silvar A praia de Sada, a Praia Nova, o areal desde onde o mar contaxia día e noite de suspiros aos paseantes, a que grazas ao activismo ecoloxista se salvou polo momento e polos pelos dun recheo, e da consecuente desfeita dos seus fondos máis inmediatos, que acollen unha pradería de zostera que mereceu…

Ler máis

A FEIRA DE ED-MUNDO. SARMIENTO DE GAMBOA E AS FUNDACIÓNS MÍTICAS

Edmundo Moure Os meus amigos Veiga Alonso, veciños na comuna de La Cisterna, ao sur de Santiago de Chile, eran fillos do galego Tomás Veiga Alonso e da filla de andaluces, María López Guerrero. O irmán de Tomás, Jesús Veiga Alonso, radicou en Punta Arenas e exerceu como xerente dunha compañía aseguradora. Era un home activo e posuía o prurito intelectual pola…

Ler máis

CRISTOVO COLÓN: DE QUEN VIÑA SENDO?

Nacho Taibo Mapa de Ibn-Ben Zara (1487) O lugar do nacemento de Colón é para certas persoas un misterio. O problema esencial parece residir en que tal suxeito se esforzou moito e ben en crear un mesto, misterioso silencio sobre certas épocas recuadas da súa vida. Algo tiña que ocultar. Pasa tamén que algúns historiadores o consideran mentirán compulsivo, mesmo en actas…

Ler máis

COMO INTERPRETAR A JEITO A MITOLOGIA

Manuel B. Dans Saturno, de Francisco de Goya (fragmento).   ©Museo Nacional del Prado A mitologia, apresentada en contos e lendas de tradiçom oral ou reelaborada em textos escritos, constitue um dos mais valiosos presentes que nos conseguirom transmitir as geraçons anteriores. Paradoxalmente é também um dos que pior se compreendem; no melhor dos casos encontramos explicaçons paternalistas e condescendientes como a que…

Ler máis

DOUS POEMAS DEDICADOS EN CUBA A JUAN LEMBEYE LARTAUD

Carlos Pereira Martínez Hai xa uns anos demos a coñecer os artigos dedicados a temas entomolóxicos publicados por Juan Lembeye Lartaud nas revistas Floresta cubana (1855-1856), publicada na Habana e da que era un dos redactores, e logo na súa continuadora, La Piragua (A Habana, 1856). Floresta Cubana fora fundada e dirixida inicialmente por Felipe López de Briñas. É lóxico suponer que…

Ler máis

O MEU LUÍS SEOANE

José-Mª Monterroso Devesa Invitaçom para a inauguraçom da Sala Luís Seoane.   Documento cedido polo autor Vam alá dous messes desque morréu o debuxante Hermenegildo Sábat (a) Menchi (1933-2018). Entom lembrei a sua visita na Corunha a Luís Seoane (1975) e o retrato que, naquela ocasiom, lhe fixera a Isaac Díaz Pardo, que o nosso amigo reproduziu na contracapa do seu…

Ler máis

ALGUNS DOS QUE FICAROM NAS AMÉRICAS… (IV)

José-Mª Monterroso Devesa ARGENTINA, MÉXICO 9.Alonso Ríos, Emilio Pita, Luis Soto, Carlos Velo 9.1.1980. Morre, pola sua vontade e com 93 anos, em Lomas de Zamora (Buenos Aires) Antón Alonso Ríos, natural de Campo Rapado-Cortegada-Silheda. (Um ano antes, o 25-10-1979, tivéramos o privilégio de entrevistá-lo e fotografá-lo: El Ideal Gallego, 17-02-80: e esse ano 80 redigimos a sua nota necrológica: La…

Ler máis

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Xoanseca Era o meu primeiro día de traballo na nova empresa. A BP é unha das meirandes multinacionais do sector profesional no que eu me movo. A súa filosofía empresarial consiste en ofrecer produtos de calidade a un prezo competitivo. Un dos segredos do seu éxito está en considerar os seus traballadores como membros dunha grande familia. Tenos contentos e eles séntense importantes…

Ler máis

O BERRO DE OUTÓN

Teresa Ramiro Choveu. No ceo a lúa apenas se deixa ver nesta noite dun novembro frío e gris. Resoa o mar a través das ondas que bican a area na praia de San Amaro, no ar séntese un berro, un berro capaz de atravesar as augas e o tempo; o mar ábrese para deixar ceibes todas as voces mergulladas. Un cántico…

Ler máis