RETALLABLE

Manuel González Prieto


[quixo falar con Deus/non atopou resposta/cuestionou]
as pedras non souberon contestar
C.1. metamorfose
[aguia, tritón, Tigre de Bengala e tamén curuxa,
lóstrego e raio que alumea na escuridade cando fica en silencio]

non é redondo e
no bico un pico curvo
C.2. floración
aliñadas as sombras
a presión do aire segundo a envoltura
respiración é vendeta!
[alcanza Nai-Terra-África]
cadencia e cadeas montañosas e planetarias
C.3. errático-estático
o gran rochedo NON, el TAMPOUCO
C.4. FIN

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *