PAI MEU (AMÉN, CAMARADA)

Claudio Rodríguez Fer
Pai meu que estiveches no cárcere:

solidario sexa o teu nume,
veña a nós o teu reino sen reis
e fágase a túa xenerosa vontade
aquí na Terra, e nos astros do ceo
a dos cosmonautas rusos
nos que ti criches contra todo deus.
Que o pan noso de cada día
o poidamos gañar
coma ti honradamente
e perdoa que aínda non teñamos feita
a revolución da conciencia
que traia paz, xustiza e liberdade
a este mundo dominado por quen as destrúe.
O teu exemplo non nos deixará caer na
tentación
do esquecemento ou da indiferenza
para librarnos do mal por nós mesmos.
Amén, camarada.
Ao meu pai, Claudio Rodríguez Rubio

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *