O QUE LIMOS

Sempre é unha boa nova que un veciño de Sada escriba un libro onde os feitos que se relatan sucederan no noso pobo.
Estruturada en dúas partes diferenciadas polo paso do tempo, José Meirama, nesta a súa primeira novela, proponos ao principio da mesma unha trama de ficción con apuntes de rigor histórico sobre dous empresarios flamencos que desenvolveron a súa actividade industrial entre finais do século XVII e principios do XVIII. Ao longo das páxinas vainos introducindo nos motivos empresariais e políticos que lles fixeron asentarse en Sada naqueles tempos, para despois ficcionar uns dramáticos sucesos, dándolle aos feitos unha boa dose de misterio.
Na segunda parte, xa nos tempos actuais, mestúrase ficción, realidade, apuntes biográficos onde Meirama, de maneira moi imaxinativa, relaciona algúns dos personaxes de antano cos actuais, sempre con Sada navegando por toda a novela.
Convídovos pois á lectura desta a súa estrea literaria onde a ficción e a realidade mestúranse ao longo de todas as súas páxinas.
Sei dende sempre que ao meu amigo José Meirama lle gusta a historia en xeral, así como a de Sada en particular. Por iso, dende este pequeno espazo, anímoo a que siga escribindo e se pode comparta con nós o seu interese pola historia de Sada con próximas novelas.
A. Manuel Pita Babío


La Cruz de Eternidad. José Manuel Meirama Monzo.Edición Personal, 2019. Páxinas: 208 
ISBN: 978-84-9946-637-8
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará