JANE ADDAMS E O TRABALLO SOCIAL

Sara Arrojo Dueñas
Jane Addams foi una muller feminista, pacifista, reformista e traballadora social do século XIX. Nace no seu dunha familia rica, no estado de Illinois, Chicago, no ano 1860. O seu pai desde pequena exerceu unha gran influencia sobre ela, xa que foi quen lle inculcou a crenza das “preocupacións morais da vida”, motivouna para que tivera unha boa educación, pero sen perder as tarefas que consideraba propias do seu sexo.
Retrato de Jane Addams

https://commons.wikimedia.org

Desde pequena, Jane tivo unha gran conciencia social e unha gran necesidade de saír á vida pública. Pertenceu á primeira xeración de mulleres norteamericanas que recibiron educación universitaria no campo da medicina, nunha época onde a meirande parte das carreiras estaban vetadas para as mulleres. Non obstante, ela estaba convencida de que tiña a misión de mellorar o mundo.

Cando percorría a cidade, observaba esas “pequenas casas horribles” e a súa pregunta constante era que podía facer ela para facelas menos horribles, e para mellorar as condición de vida da poboación, xa que a propia Addams describe os barrios comoas rúas están sucias, as escolas son inadecuadas, a lexislación laboral non se fai cumprir, o alumeado público é malo, a pavimentación pobre, e os establecementos desafían todas as leis de sanidade. Centos de casas non están conectadas á rede de sumidoiros, a vida nestes barrios é o menos parecido a vivir”.
Ante a despreocupación por parte do goberno, decide fundar, en 1889, a chamada Hull House, que foi unha das primeiras casas de acollida onde a xente en contexto de pobreza recibía formación e beneficios sociais. Contaba con múltiples servizos como: biblioteca, escola para persoas adultas, ximnasio, centro de ocio para nenos e nenas, etc. Concibida como un espazo para xerar o benestar social da poboación.
Por outra banda, na súa vida privada tamén loitou polas súas conviccións, traballou en favor do voto feminino, presionando ao goberno en defensa dos dereitos da muller, das nenas, e da xuventude. En 1910 foi a primeira muller que ocupou a presidencia da Conferencia Nacional de Asistencia Social, e en 1915 foi presidenta do Congreso Internacional de Mulleres. Colaborou na formación da Liga Internacional de Mulleres pola paz e a liberade.
Os seus esforzos en prol do sufraxio feminino víronse recompensados cando en 1920 se aprobou a emenda que incluíu na Constitución americana o dereito a voto das mulleres.
Finalmente, a súa
labor social foi recoñecida co Premio Nobel da Paz, en 1931, xunto co político estadounidense Nicholas Murray Butler, converténdose na segunda muller na historia en gañar este galardón.
Jane Addams finaba poucos anos despois, o 21 de maio de 1935, deixando un legado indiscutible tanto no campo do traballo social como no do feminismo e pacifismo.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *