Manuel Pérez Lorenzo
Baile de Entroido organizado pola Artística na Terraza en 1935. Cedida por Memoria de Sada |
NOVOS PROXECTOS NUN TEMPO NOVO
A chegada da República, do cambio tantas
décadas agardado polos sectores que foran marxinados do poder, supuña a
oportunidade de trasladar á praxe tantos proxectos adiados. Era o tempo da
acción política, desde as institucións ou desde a ampla gama de partidos
xurdidos ao abeiro da democracia; da acción colectiva nas organizacións
agrarias ou nos sindicatos de clase. Naquel contexto, unha nova xeración
irrompe no primeiro plano da vida social da localidade, contaxiando o seu
entusiasmo e a súa vocación palpitante de modernidade. Mozos de entre dezaseis
e trinta e poucos anos que conforman o groso das bases sociais dese polícromo
catálogo de organizacións de diversa índole. Unha xuventude que asume papeis
centrais nas directivas.

O asociacionismo cultural non é alleo a
estes procesos. Nos anos 30 multiplícase o número de entidades, pero, sobre
todo, increméntase e pluralízase a súa actividade. As asociacións seguen a
organizar saídas, bailes ou funcións teatrais, mais imprímenlle a todos estes
eventos un afán democratizador do ocio. Formas de diversión asociadas ata ese
momento aos sectores acomodados, como podían ser as excursións ou a práctica do
deporte, están agora ao alcance da clase traballadora, integrada nestes
colectivos. Por outra parte, no breve período da II República asístese á
politización de parte do tecido cultural, nun contexto estatal e europeo de polarización
ideolóxica e no marco, tamén, dun crecente interese da xente de a pe pola
política.

Varias entidades que traballan no ámbito da
cultura están ligadas a organizacións políticas e sindicais. O propio Centro
Cultural Obrero, aglutinador das diversas faccións da esquerda nos últimos
meses da ditadura, dilúese agora, como Sección Cultural, no Sindicato de
Oficios Varios de Sada, integrado na CNT e, xa que logo, de tendencia
anarquista. Os estatutos do Sindicato vetaban a participación de “profesionales
de la política, la milicia o la religión”. Porén, liberaban á Sección Cultural
desta cláusula: “podrán pertenecer todos los que sean amantes de ella […], ya
que no queremos vernos privados de compañeros que por su posición social o
ideológica no tengan cabida en el Sindicato y sin embargo puedan ser muy útiles
a la causa cultural que esta sociedad se propone realizar”1.

Baixo esta premisa de pluralidade, a
Sección Cultural traerá a varios conferenciantes aos escenarios do Salón
Moderno ou do Pabellón Moragra para falar de economía, política ou saúde. En
agosto de 1932 ateigábase o Moderno ante a presenza dun dos principais
dirixentes anarquistas-sindicalistas do Estado, Ángel Pestaña, que “hace
historia de lo que a través de muchos años han sido las luchas sociales” e
explica o proxecto de reforma agraria que a CNT ten pensado pór en marcha “una
vez implantado en España el comunismo integral”. En abril de 1933 o practicante
coruñés Juan González disertaba acerca de “Por qué nos enfermamos”, desenvolvendo
o tema “desde el punto de vista racional y naturista”. Era presentado polo
mestre Nicandro Golán, que expuña “la importancia de estos actos de divulgación
cultural […] para que los trabajadores tengan noción del funcionamiento del
organismo humano y preservarse contra la enfermedad”. Dúas semanas más tarde, o
anarquista José Villaverde pronunciaba unha conferencia titulada “De la
República al comunismo libertario”, na que analizaba os pasos a seguir para a
construción dunha sociedade ácrata. Segundo o cronista, “se dedicó durante hora
y cuarto a censurar a los republicanos y socialistas”2.

A MULTIPLICACIÓN DA OFERTA CULTURAL
Semella que a orientación que o Sindicato
lle imprimía aos seus actos tería afastado a algúns sectores noutrora
integrados no Centro Cultural Obrero. Así, en paralelo, ían xurdindo outras
iniciativas, como a “Tertulia literaria-pedagógica” aglutinada en torno a Xohán
Antón Suárez Picallo e que desenvolve actividades a partir de setembro de 1932:

Desde hace dos meses se reúnen en un
adecuado local de esta villa un grupo de diez jóvenes para hablar de
literatura, asuntos de interés relacionados con el momento regional, nacional y
mundial, y además repasar varias asignaturas de ciencias y letras en general.
En la misma reunión se dieron charlas sobre diversos temas por individuos de la
misma y amigos que, simpatizando con la idea, colaboraron y colaboran para la
mayor eficacia de sus fines culturales.

Varios de sus miembros tienen la idea de
hacer un ciclo de conferencias públicas sobre diversos temas culturales y de
actualidad. El movimiento es seguido con gran interés y viva simpatía por todos
los elementos de la localidad.3

O anunciado “cursillo cultural”, toda unha
novidade na Sada de entón, tería lugar en decembro. Ao longo dunha semana
sucedíanse as disertacións sobre socioloxía (Muñoz), as consecuencias do xogo
(Fernández), criterios e ideas (González),
educación (Nicandro Golán) e os movementos autonomistas de Galicia
(Xohán Antón Suárez Picallo). Uns meses despois, lembraban o 50 aniversario da
morte de Marx celebrando “una velada para conmemorar su vida y su obra”4. No
verán, contarían cun convidado de excepción. O escritor Eduardo Blanco Amor
pasaba o mes de agosto na casa dos Suárez Picallo, refuxiándose da dor que lle
producira a morte da súa nai. Aproveitando a súa estadía, a Tertulia requeríao
para pronunciar na Terraza unha charla a cerca de “La evolución de la
estética”. O orador deleitaba ao público cunha “admirable lección de Arte […]
que el auditorio escuchó embelesado por la belleza de la exposición e
interesante fondo”5.

Ás iniciativas do Sindicato e deste
singular colectivo uniríanse as desenvolvidas polas mestras e mestres,
que, a través do Consejo Local de
Primera Enseñanza, puñan en marcha un ciclo de “conferencias pedagógicas” nas
parroquias. Con esta iniciativa, pretendían dotar á escola dunha nova
dimensión, achegando o coñecemento científico ás persoas adultas que, en moitos
casos, apenas tiveran oportunidade de se formaren. Os propios docentes, os “cursillistas”
-mestres en prácticas- e os médicos do municipio eran os encargados de impartir
as charlas, imprimíndolles un carácter
divulgativo e abranguendo unha temática variada: a tuberculose, a
variola “y sus efectos desastrosos en la humanidad”, o sentimento “en sus
diversas acepciones, de amor a los amigos, familia y patria”, a lingua materna,
a agricultura -que “eleva al hombre de humilde cazador a sabio y grande”-, o
“proceso de inspección y su profilaxis”…6

A veciñanza respondería con interese a estes
eventos, incardinados nas experiencias de renovación pedagóxica que se estaban
a desenvolver no contexto republicano. O acto de Carnoedo, organizado pola
mestra Luisa Vázquez Candal, tiña que celebrarse no salón de baile e non na
escola de nenas por resultar “insuficiente el local para dar cabida al público
que […] ansiaba ilustrar su entendimiento con los conocimientos que los
oradaores les traían”. A Soñeiro acudía un “numerosísimo público, perteneciente
a todas las clases sociales”.

Porén, outras empresas culturais non eran
xa novidosas na Sada dos anos 30. As vinculadas ao Pósito ou á sociedade Sada y
sus Contornos contaban xa certa vagaxe. O ente creado polo sector pesqueiro no
ano 1926 seguía a organizar actos de diversa índole e contaba, para iso, cun
colaborador de excepción. Naqueles anos vivía a cabalo entre Sada e Madrid o
xornalista Ramón Suárez Picallo que, retornado da emigración arxentina, fora
elixido deputado en 1931. Mariñeiro na vila natal desde neno, percorrera despois
o mundo embarcado e destacara no sindicalismo marítimo porteño, o que o
capacitaba como bo coñecedor do mundo do mar. A súa voz nas Cortes convertérao
nun tenaz defensor dos intereses do sector, nomeadamente na pugna de Sada por
acadar a construción dun porto de refuxio, o que levará ao Pósito a organizar
unha charla en marzo de 1933 “sobre cuestiones de seguros para la clase
pescadora”. No acto tamén deu conta das súas xestións na capital en prol do
porto e da ponte do Pedrido7. Sempre con carácter benéfico, o Pósito tamén
celebrará festivais, xa no Salón Moderno, xa no Royalty, inaugurado en 1932.

A ARTÍSTICA SADENSE, UN ESPAZO PARA A XUVENTUDE
Neste primeiro bienio da República, varias
iniciativas culturais partiron de entidades cun campo de actuación máis amplo.
A primeira asociación de vocación especificamente cultural e recreativa que se
chegue a consolidar será a Sociedad Artística Sadense8. No momento da súa
fundación, en xullo de 1933, o seu local social estaba instalado no nº 1 da Rúa
do Porto (hoxe José Monzo), trasladándose en outubro aos baixos do Hotel
Fariña9. Esta segunda sé inaugurábase cun acto no que interviñan Xohán Antón
Suárez Picallo, salientando “la importancia de estas sociedades, que además de
fomentar la unión, amplían el nivel cultural de las clases populares”, e
Nicandro Golán, que facía un “elogio del libro y de la cultura, que estas
sociedades difunden”. Concluía a xornada co Himno Galego, Negra sombra e a
Alborada de Pascual Veiga10. Interpretábaas a propia masa coral da Artística
que, de feito, xa existía desde un ano antes de se constituír a asociación.

O novo colectivo, que estaría presidido por
Carlos Pérez Rey (1933 e 1936), Francisco Fernández Vila (1933 e 1935) e Gil
González Mosquera (1934-1935), viña a encher o baleiro que deixaran outras
entidades na vila. En palabras de X. A. Suárez Picallo, un dos seus fundadores
e directivos, “esta sociedad, que lleva realizada una acertada labor
artístico-cultural-recreativa […], es el centro de la juventud sadense, que
desde la extinción del ‘Centro Cultural Obrero’ carecía de un lugar de reunión
adecuado”11.

A Artística contribuía a dinamizar a xa de
por si inqueda vida festiva de Sada, coa organización de bailes e excursións,
conxugando, neste último caso, o lecer coa aprendizaxe. Aproveitando os
domingos estivais, grupos numerosos desprazábanse a Ferrol, Compostela,
Betanzos ou Pontedeume para visitaren os lugares máis significativos de cada
localidade, xantaren ao aire libre e divertírense bailando e participando dos
acontecementos festivos. A visita a Ferrol, por mar, víase alterada por unha
densa chuvia que obrigaba aos excursionistas a se refuxiar nunha cafetería
durante toda a xornada. Así a describía un deles, veraneante madrileño:

Nunca olvidaré aquellas cuatro horas pasadas
en medio de la mayor alegría, y aunque no hubiese sido nada más que por la
tarde tan agradable que pasamos, aun sin haber podido ver la ciudad, yo por mi
parte, lo doy todo por bien empleado, hasta la lluvia y el mareo.

En aquellas horas, a través de cánticos
gallegos tan llenos de amor y ternura, del toque de la gaita, a veces melodioso
y triste, otras alegre y varonil, se me apareció, en toda su pujanza y lozanía,
la noble alma gallega […].

Hubo gran derroche de buen humor, y siempre
dentro de la mayor corrección, hubo mucha alegría y unión.12

En Sada, por iniciativa da Artística
programábanse bailes e verbenas que adoitaban rematar ás 5 da madrugada e
concitaban a un multitudinario público xuvenil. No verán celebrábanse ao aire
libre; no inverno, nalgún dos salóns de baile da vila. O de despedida de ano,
“magna fiesta de alegría y juventud”, tiña lugar na Terraza13. E era tamén a
Artística a encargada de organizar os bailes de disfraces do Entroido.

A OBRA CULTURAL DA ARTÍSTICA
A actividade da nova asociación sobordaba o
ámbito recreativo. Xa nos seus Estatutos marcábase como obxectivo prioritarios
“proporcionar a sus asociados cultura” e “fomentar el arte”, mediante “el
fomento de su biblioteca, conferencias, conciertos, etc.”. Esa labor pedagóxica
materializaríase na programación de conferencias coas que se procuraba achegar
a arte e o coñecemento científico ás capas populares. Se o enxeñeiro industrial
Álvaro Díaz Fernández explicaba o funcionamento da radiotelefonía, o médico do
Pósito de Sada, José Pubul, falaba sobre “Curanderismo, naturismo y medicina
racional” e Ramón Suárez Picallo disertaba acerca da obra de Pondal en
conmemoración polo centenario do seu nacemento. Tamén Curros Enríquez
protagonizaría unha “velada literaria”. Nicandro Golán relataba a vida do poeta
con motivo da inauguración do seu monumento na Coruña14.

O nacemento da Artística viñera precedido
da aparición da Coral Sadense, que xa iniciara os seus ensaios en xaneiro de
193215. Presidida por Carlos Pérez Rey e dirixida polo mestre Adolfo Anta,
director de Cántigas da Terra, a nova agrupación estaba formada por 80 voces
procedentes de anteriores corais: Mareiras, A Troula e o coro de Sada y sus
Contornos. O seu debut tería lugar en abril de 1933, cun “gran festival artístico”
no que tamén tomaba parte o cadro teatral da entidade, con Gil González
Mosquera como escenógrafo. Na primeira parte do programa, o coro, acompañado ao
piano por Herminia Couceiro, interpretaba pezas do repertorio clásico e
tradicional de diferentes territorios do Estado. Na segunda parte actuaba
chegáballe o turno ao cadro de declamación, que representaba dúas comedias de
Montenegro e Muñoz Seca. Pechaba o acto o coro, cantando música galega e
finalizando co Himno16.

Exercía como presentador un daquela
omnipresente Xohán Antón Suárez Picallo, quen, desde o escenario do Salón
Moderno, afirmaba satisfeito que Sada “ha quedado incorporada al resurgimiento
artístico de nuestra tierra”. Porén, na crónica do acto que redactaba para a
prensa, despois de gabar a actuación do grupo teatral, lanzaba un consello: as
obras que se programen “han de ser serias y buenas, para acostrumbrar a los
públicos populares a gustar de las tantas maravillas del teatro nacional, y
regional, que si no en tan gran número, tiene obras que pueden y deben ser
representadas”17. Unha recomendación que debeu ser ben acollida, xa que pouco
despois era designado director do cadro. Para entón, a Coral Sadense xa se
incorporara á Artística, nacida do seu propio seo. Ao seu abeiro organizaríanse
con certa frecuencia eventos como o inaugural, que, combinando música e teatro,
xeraban grandes expectativas na vida da localidade.

2. La Voz de Galicia, 13/08/1932; El Pueblo
Gallego, 23/04/1933, 30/04/1933 e14/05/1933.
1. ARG, FGC, G-2552.

3 El Pueblo Gallego, 04/11/1932.
4. Id., 02/01/1933 e 19/03/1933..
5. Pérez Lorenzo, M.: “O escritor Eduardo
Blanco Amor en Sada”, Mariñán, 2012.
Blanco Amor en Sada”, Mariñán, 2012.
6. La Voz de Galicia, 10/06/1932,
15/06/1932 e 22/06/1932.
15/06/1932 e 22/06/1932.
7. El Pueblo Gallego, 05/03/1933.
8. Pérez Lorenzo, M.: “A ‘Sociedad
Artística Sadense’. Ocio e cultura na Sada dos anos 30”, I e II, Mariñán, 2014.

9. ARG, FGC, G-2552.
10. El Pueblo Gallego, 19/10/1933.
11. Id., 15/08/1935.
12. Id., 01/09/1934.
13. Id., 29/12/1935.
14. El Pueblo Gallego, 15/08/1934; La Voz
de Galicia, 17/05/1935, 08/02/1935 e 10/02/1935.

15. Id., 14/01/1932.
16. Id., 19/04/1933.
17. Id., 28/04/1933.