AS HISTORIAS DE MEU PAI

Xacobe Anido Castro
 Meu
pai cóntame moitas historias cando  imos
pasear por Sada ou polos arredores. Imos por todos os sitios! Grazas a el xa
coñezo moitos lugares como o canón de Fontán, o barrio mariñeiro, a Terraza, a
praia de Gandarío, etc… Vou con el cando se aburre na casa e lévame desde que
eu era moi pequeno. O que máis me gusta de ir é que me conta historias
inventadas de sitios polos que pasamos como:

A
LENDA DA CIDADE PERDIDA
Hai
miles de anos, na Lagoa, existía unha enorme cidade moi poboada por xente de
toda clase. No seu momento foi moi coñecida pero xusto o 25 de xullo (día de
Galicia) a cidade empezou a tremer e tremer por causa dun terremoto. Abriuse
unha grande fenda na terra que fixo que a cidade desaparecera. Cando a cidade
estivo toda debaixo da terra, a fenda cerrouse. Tempo despois creceron uns
piñeiros no lugar dela.

A
SEREA DE PENAMOURA
Esta
historia ocorreu cando o meu pai tiña once anos, na Aldea de Abaixo de Insua,
no outro lado da ría. Era cando o seu tío avó, chamado Raimundo, contáballe ao
meu pai o seu encontro coa serea de Penamoura.
Un
día de cando Raimundo era xove foi camiñar pola praia dos Xurelos. Foi co seu
pai, cando a marea andaba baixa. El, como quixo explorar a praia, meteuse nunha
cova mentres que o seu pai falaba cun amigo. Cando saíu dela, nunha rocha no
mar veu unha SEREA! El non o podía crer, pechou os ollos e… desapareceu. Logo
volveu co seu pai e non volveu falar daquilo en moitos anos.

O
PAÍS DA ETERNA PRIMAVERA
Meu
pai di que só é produto da imaxinación, outros din que é un mundo máxico fóra
do alcance dalgún home adulto ou dalgunha persoa sen imaxinación; eu creo que é
o paraíso onde todos os aquí presentes viven. Este paraíso é coñecido como
Sada. Non é que neste lugar sexa primavera todos os días, senón que o que teña
ollos verdadeiros e cabeza de neno pode percibir a brisa e a calor da
primavera.

O
INGLÉS E A SADENSE 
Como
supoño que xa saberedes, na anterior revista de Areal falei sobre o ataque dos
ingleses a Sada; pois ben, cando sucedía todo aquilo, no barrio mariñeiro, unha
muller de mediana idade observaba desde un balcón como os ingleses invadían
Sada cando veu algo marabilloso: un mozo vestido co uniforme dos ingleses. El
tamén a veu e namorou dela ao instante pero xamais puideron estar xuntos porque
el fixera un xuramento ante a bandeira inglesa: nunca podería casar cunha moza
dun país invadido.

Ilustración orixinal de David Suárez “Geppe”




Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *